O Concello de Monforte súmase hoxe ao Día Internacional da Enfermaría iluminando de azul a Torre da Homenaxe

Monforte de Lemos, 12 de maio de 2026.  O Concello de Monforte iluminará a Torre da Homenaxe de cor azul este martes, 12 de maio, para conmemorar o Día Internacional da Enfermaría, unha data sinalada con motivo do aniversario do nacemento de Florence Nightingale, considerada a fundadora da enfermaría moderna.

A campaña deste ano centra o seu lema na saúde e benestar do persoal de enfermaría: “Nosas enfermeiras. Noso futuro. As enfermeiras empoderadas salvan vidas”.

O Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “desde o Concello sumámonos a esta conmemoración para recoñecer a labor esencial das nosas enfermeiras e dos nosos enfermeiros, porque debemos recoñecer e aplaudir o seu traballo non só neste Día Internacional, senón todos os días do ano”.

O Día Internacional da Enfermaría foi impulsado en 1974 polo Consello Internacional de Enfermeiras, fundado no ano 1899 e actualmente conformado por 130 asociacións nacionais de enfermeiros e enfermeiras. É a primeira organización a nivel mundial que representa a todos os profesionais desta especialidade. Entre os seus principais obxectivos está o de brindar coidados de enfermería de excelente calidade para a poboación en xeral, ofrecer políticas de saúde asertivas en todo o mundo, lograr avances dos coñecementos de enfermería, maior e mellor presenza dunha profesión mundialmente coñecida e respectada e ofrecer recursos humanos de enfermería competentes e satisfactorios.