O Concello de Monforte súmase ao loito nacional tralo accidente ferroviario de Toledo

Monforte de Lemos, 29 de outubro de 2026. O Concello de Monforte de Lemos súmase aos tres días de loito oficial decretados polo Goberno de España, en sinal de dó e respecto polas vítimas do tráxico accidente ferroviario acontecido esta mércores na localidade de Urda (Toledo).

As bandeiras da Casa Consistorial ondean a media hasta e suspéndese á sesión de teatro prevista este xoves, ás 20.15 horas, no Edificio Multiusos, que queda cancelada.

Este mércores, por decreto da Alcaldía, convocouse ás 20.00 horas un minuto de silencio diante do Concello en homenaxe ás persoas afectadas. Así mesmo, o Alcalde suspendeu a súa axenda.

O Equipo de Goberno, en nome de toda a Corporación Municipal traslada o seu máis sentido pésame ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como a súa solidariedade con todas as persoas afectadas por este grave accidente.