Continúa o V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos con novas actuacións nas prazas da cidade

Monforte de Lemos, 26 de agosto de 2026. A Praza da Estación de Monforte acolleu onte unha nova actuación dentro do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, unha iniciativa do Concello de Monforte que forma parte do Programa do Verán Cultural e que ten por obxectivo poñer en valor o talento local e levar a música en directo a diferentes espazos da cidade.

Tralas actuacións a semana pasada dos grupos SEGUNDA PARTE, ROCKIN’KB, NECTARINE SOUL, GALGA BLUES BAND e BELLA CHAOS, a música en directo regresa con tres novas xornadas de concertos esta semana. O primeiro tivo lugar onte na Praza da Estación, a cargo de MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES, que congregou numeroso público. A cita hoxe, mércores 26, é na Praza da Compañía, con DEUCE, ás 22:30 horas, e LOS JINETES DEL TRÓPICO, ás 00:00 horas.

O Alcalde José Tomé, que asistiu a todas as actuacións acompañado de outros membros do Equipo de Goberno, lembra que o obxectivo deste ciclo de concertos é, precisamente, dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público. “Queremos que os grupos monfortinos sexan os protagonistas e que a veciñanza teña a oportunidade de descubrir e desfrutar da música que se fai na nosa propia cidade”, indica. Deste xeito, a programación funciona como un punto de encontro entre os músicos locais e a veciñanza, ao tempo que contribúe a dinamizar a actividade cultural de Monforte.

 

 

 

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

  • 22:30 H  PRAZA DA COMPAÑÍA   DEUCE
  • 00:00 H  PRAZA DA COMPAÑÍA   LOS JINETES DEL TRÓPICO 

 

XOVES 27 DE AGOSTO

  • 22:30 H  PRAZA DE ESPAÑA   7 ROJO
  • 00:00 H  PRAZA  DE ESPAÑA   EL MUNDO DE SOFÍA BAND