O Desfile do Martes de Entroido encherá as rúas de Monforte de animación con 1.296 inscritos, a cifra de participación máis alta dos últimos anos

Monforte de Lemos, 14 de febreiro de 2026. O vindeiro martes 17 de febreiro, o Concello de Monforte celebrará o seu día grande do Entroido, co Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido.

Finalizado o prazo de inscrición onte venres, 13 de febreiro, ás 14.00 horas, o Alcalde, José Tomé informa de que “son 1.296 os participantes inscritos que optarán ós premios das diferentes categorías. É a cifra máis alta dos últimos anos, polo que xa podemos adiantar que será un  Martes de Entroido moi participativo; soamente nos queda agardar unha boa xornada no que se refire á situación meteorolóxica”. Na edición de 2025 participaron 1.275 persoas.

Tal e como recolle o listado de inscritos, nas diversas categorías de comparsas participarán un total de 21 colectivos de Monforte e 13 de fóra de municipio, procedentes de diferentes localidades, non so da comarca, senón do resto da xeografía galega, con representación das catro provincias: Sarria, Bolmente, Sober, Oural, Cereixa, Bóveda, Pobra de Brollón, Paradela e Chantada (Lugo), Vilamarín (Ourense), Ferrol (A Coruña) e Vigo (Pontevedra).

O Concello establece dúas modalidades claramente diferenciadas: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. A partida destinada aos premios neste certame ascende a un máximo de 21.000€, dos que 17.850€ corresponden ao desfile de Comparsas e Disfraces de Monforte, e 3.150€ aos de fóra de Monforte.

 

Horario e percorrido

O desfile comezará ás 17.00 horas na praza da Estación e percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Praza Ponte Fontecha e Compañía. O xurado cualificará as comparsas na praza da Estación de 16.00 a 17.00 horas. No caso dos disfraces individuais, concentraranse obrigatoriamente na praza da Estación ás 16.30 horas, para ser identificados polo xurado. Posteriormente, tanto as comparsas como os disfraces serán cualificados por lugares indeterminados do percorrido.

Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, a orixinalidade e o interese etnográfico, o humor, a posta en escena e a utilización de música en vivo.

A relación completa de premios e número de inscritos no Desfile de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido é a seguinte:

 

COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE DE LEMOS:

Comparsas de máis de 90 compoñentes: 4 comparsas inscritas.

1º premio: 1.500 euros

2º premio: 1.000 euros

3º premio: 800 euros

 

Comparsas entre 51 e 90 compoñentes: 4 comparsas inscritas.

1º premio: 800 euros

2º premio: 550 euros

3º premio: 400 euros

 

Comparsas entre 25 e 50 compoñentes: 3 comparsas inscritas.

1º premio: 700 euros

2º premio: 500 euros

3º premio: 350 euros

 

Comparsas entre 4 e 24 compoñentes: 9 comparsas inscritas.

1º premio: 500 euros

2º premio: 400 euros

3º premio: 300 euros

 

Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes: 4 inscricións.

1º premio: 300 euros

2º premio: 200 euros

3º premio: 150 euros

 

Premios de 300 euros a:

  • Mellor comparsa tradicional
  • Mellor posta en escena
  • Mellor crítica de actualidade
  • Mellor humor
  • Mellor música en vivo

 

Premios ás carrozas:

1º premio: 800 euros

2º premio: 600 euros

3º premio: 450 euros

 

Accésits:

  • Comparsas con máis de 90 compoñentes: 400 euros
  • Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 200 euros
  • Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 200 euros
  • Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 300 euros
  • Comparsas infantís: 75 euros
  • Individual adulto: 100 euros
  • Individual infantil: 75 euros
  • Ás carrozas: 100 euros
  •  

Individual infantil de 1 a 3 compoñentes: 4 inscricións.

1º premio: 200 euros

2º premio: 150 euros

3º premio: 100 euros

 

Comparsas infantís de 4 compoñentes en adiante: 1 comparsa inscrita.

1º premio: 500 euros

2º premio: 400 euros

3º premio: 300 euros

 

COMPARSAS E DISFRACES DE FÓRA DE MONFORTE DE LEMOS:

Comparsas de 1 a 3 compoñentes: 5 comparsas inscritas.

1º premio: 250 euros

2º premio: 200 euros

3º premio: 150 euros

 

Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 4 comparsas inscritas.

1º premio: 500 euros

2º premio: 400 euros

3º premio: 300 euros

 

Comparsas de máis de 25 compoñentes: 3 comparsas inscritas.

1º premio: 600 euros

2º premio: 450 euros

3º premio: 300 euros