
Monforte de Lemos, 15 de xullo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega este mércores, 15 de xullo, dos diplomas acreditativos aos 93 nenos e nenas que participaron na primeira quincena do Programa Deportivo de Verán do Concello de Monforte. O acto tivo lugar no Pavillón Polideportivo de A Pinguela, coa participación do técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez.
José Tomé destaca “o importante esforzo que facemos desde o Concello para organizar estas actividades de verán e facilitar a conciliación persoal, laboral e familiar no período de vacacións escolares”. E, sobre todo, engade para que os nenos e nenas de Monforte poidan desfrutar das súas merecidas vacacións practicando as actividades que máis lles gustan”.
A segunda quincena deste Programa Deportivo de Verán xa está en marcha, ata o 31 de xullo, e conta coa participación de 85 nenos e nenas.
Para a terceira quincena, que se desenvolverá do 1 ó 14 de agosto, hai 53 persoas inscritas, polo que aínda quedan prazas dispoñibles. Todos os interesados e interesadas en participar poden inscribirse seguindo o mesmo procedemento de matrícula que as persoas que fixeron a preinscrición e teñen praza adxudicada:
• Enviar toda a documentación requirida por correo electrónico ao enderezo deporte.veran@concellodemonforte.com
• Presentar toda a documentación requirida nas Oficinas Municipais de Deportes ou Xuventude, sitas nas Casitas da Compañía.
*Máis información na sección de Deportes desta páxina web.