
Monforte de Lemos, 25 de maio de 2026. A Tenente Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Muller, Igualdade e Comercio, Regina López, asistiron na tarde de onte ao concerto que ofreceu o Orfeón Terra a Nosa na Igrexa Nosa Señora da Antiga dos Escolapios. A actuación, organizada pola Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos, desenvolveuse desde as 19.00 horas cun amplo programa baixo a batuta do director Luís Martínez.
Fundado en 1966, o Orfeón Terra a Nosa celebra este ano o seu 60 aniversario e faino cun concerto conmemorativo do que fará catro audicións, unha delas foi a ofrecida este domingo na cidade do Cabe para a Sociedade Filarmónica de Monforte, coa que colabora o Concello de Monforte.