
Monforte de Lemos, 15 de xuño de 2026. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e as Concelleiras de Cultura, Marina Doutón, e Muller, Igualdade e Consumo, Regina López, asistiron na tarde deste domingo, 14 de xuño, ao Festival Fin de Curso da Escola de Municipal de Danza do Concello de Monforte, que tivo lugar no auditorio do Edificio Multiusos, ás 18.30 horas.
As alumnas do centro ofreceron unha demostración do traballo realizado durante o curso nas especialidades de ballet clásico e danza contemporánea, mostrando os coñecementos adquiridos tanto na parte técnica como en coreografía. No recital participaron tamén como invitadas alumnas da Escola de Danza Centro Coppelia de Ourense con pezas de ballet clásico, danza contemporánea, flamenco, oriental, bailes urbanos, Brodway e latinos.
O público desfrutou dun evento moi completo e animado que percorreu diferentes disciplinas. As representantes do Equipo de Goberno felicitaron ao alumnado e ao profesorado polo esforzo e o traballo realizado durante o curso.