
Monforte de Lemos, 18 de xuño de 2026. A Escola de Municipal de Música Tradicional do Concello de Monforte celebra este venres, 19 de xuño, o seu Festival de Fin de Curso, o ‘Festrad’, que terá lugar no auditorio do Edificio Multiusos, ás 20.30 horas.
No concerto participarán alumnos e alumnas das actividades de Gaita, Percusión Tradicional Galega e Canto e Pandeireta, interpretando distintos ritmos tradicionais e pezas populares galegas.
O programa está composto das seguintes pezas: Xota de Caroi, Pasodobre da Pastoriza, Mazo te mazo, Baitucada, Xota da Gaiosa, Non bailes o agarrado, Rumba do Canizo, Xota do Bazal, Muiñeira das Cortellas, Xota dos Mariñeiros, Muiñeira da Camposa, Pasodobre do Mallou e a Rumba dos Tranquilos. O festival rematará cunha actuación do alumando de canto, gaita e percusión interpretando a Foliada de Asén e a Muiñeira das Ferreñas.
O ‘Festrad’ está dirixido a todo o público en xeral, polo que, desde o Concello, invítase a todas as familias, veciños e veciñas que así o desexen a asistir este evento musical.