
Monforte de Lemos, 10 de agosto de 2026. A Praza de España acolleu este domingo unha nova edición da Gala de Maxia, unha das citas do programa do Verán Cultural que organiza o Concello de Monforte. O Alcalde, José Tomé, acompañado da Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros e Concelleiras José Luis Losada, José Manuel Mougán, Regina López e Miguel Tomé, asistiu ao espectáculo que contou coa participación dos magos Iago, Rafa e Carlos Adriano.
Desde as 22.30 horas, a Praza de España encheuse de público que desfrutou dunha divertida gala chea de trucos de maxia, ilusións ópticas, malabarismos e moito humor.
Tanto esta actuación coma o resto de citas incluídas no Verán Cultural de Monforte son gratuítas e dirixidas a todos os públicos.