
Monforte de Lemos, 27 de outubro de 2026. Continúa a programación teatral de outono no Concello de Monforte. Este xoves, 29 de outubro, ás 20:15 horas, o Edificio Multiusos acolle a representación da obra “#Influencers”, da compañía Negro López, unha peza escrita e dirixida por Chiqui Pereira, coa participación no elenco de Elsa Comesaña, Iván Davila e Brais Iriarte.
A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC, da que forma parte o Concello, e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, coa que se ofrece á cidadanía unha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano.
O prezo da entrada é de 5 euros, cunha tarifa reducida de 3 euros para estudantes, persoas desempregadas e xubiladas.
O Alcalde, José Tomé Roca, anima os monfortinos e as monfortinas a asistir a esta nova representación e a participar na programación cultural da cidade, que inclúe un total de 12 espectáculos teatrais entre os meses de outubro e decembro, con propostas de compañías profesionais e grupos de teatro afeccionado.
Con esta programación, o Concello continúa ofrecendo alternativas culturais para diferentes públicos e contribuíndo á difusión do teatro galego, ao tempo que facilita o acceso da veciñanza ás artes escénicas.
Ficha e sinopse da obra
‘ELO MAIS Influencer Race Spain’ é un concurso no que diferentes creadores de contido competirán para demostrar quen é o mellor! E xa se sabe, nesta época dominada por likes, sempre hai alguén disposto a por en dúbida o resultado dunha votación…
#Influencers é un espectáculo teatral que ofrece unha mirada cómica e reflexiva sobre a cultura que arrodea a creación de contido nas redes sociais, tomándoa como un espello no que se reflicte a sociedade contemporánea.

PRÓXIMAS CITAS CO TEATRO NO EDIFICIO MULTIUSOS E A CASA DA CULTURA
Xoves 5 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
Mofa e Befa presentan “Os dous de sempre”
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Venres 6 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Rateira”, do grupo Argalleiras Teatro
Asociación Cultural Teatreiras / Concello de Monforte
Entrada Gratuíta – Todos os públicos
Xoves 12 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“A Metamorfoso”, de Sarabela Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 14 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta
Xoves 26 de novembro, 20:150 h / Edificio Multiusos
“A cámara escura”, de Vórtice Escénico
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 28 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Revolución, 1789... ou por aí”, de Teatreiras Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos
Xoves 3 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria
Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Público adulto +12 anos
Sábado 5 de decembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Hotel Esperanza”, Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos.