Monforte de Lemos, 7 de xaneiro de 2026. Os Reis Magos de Oriente pecharon a súa visita á Monforte de Lemos este martes, 6 de xaneiro, cun percorrido polos centros de atención a maiores e persoas con discapacidade do municipio. Trala multitudinaria Cabalgata que sementou ilusión polas rúas monfortinas o pasado luns, as Súas Maxestades dedicaron a xornada festiva aos usuarios destes centros, cos que compartiron un tempo de conversa e acompañamento, ademais de repartir caramelos.
Persoal do Concello de Monforte encargouse dos desprazamentos para que os Reis puideran visitar as diferentes instalacións, percorrendo ao longo da tarde a Residencia Asimédica Virgen de la Luz, Residencia de Maiores do Malecón, Hogar San José Hermanitas de los Anciandos Desamparados, Domus Vi e Prodeme.