Monforte de Lemos, 3 de xaneiro de 2025. O actor galego Pepo Suevos encheu este venres, 2 de xaneiro, a Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte co seu espectáculo de humor “Á Caída”, un monólogo no que reflexionou con humor sobre a propia comedia e a súa necesidade para soportar o "mundo real". O espectáculo, improvisado e interactivo, valeuse da información que ofreceu o público para ir compoñendo o contido da función. Desde as súas propias vivencias en Monforte ata os viños da Ribeira Sacra foron fiando un guión aberto e moi divertido.
Este show, con entrada libre e gratuíta, forma parte da programación das Festas de Nadal 2025-2026 organizada polo Concello de Monforte de Lemos.