O teatro regresa hoxe ao Edificio Multiusos coa obra “Amalia y el río, historia de una estraperlista”

Monforte de Lemos, 23 de abril de 2026. O Edificio Multiusos de Monforte acolle este xoves, 23 de abril, ás 20.15 horas, unha nova función dentro do programa cultural organizado polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatro e Auditorios. A cita nesta ocasión é coa compañía Teatro Guirigai, que representa a obra “Amalia y el río, historia de una estraperlista”, escrita e dirixida por Agustín Iglesias. O elenco está formado por Magda Gª-Arenal e Cándido Gómez.

A escenografía  é de Marcelino de Santiago Kukas, con deseño de son e iluminación a cargo de Félix Valverde, vestiario de Luisa Santos e música de Irma Catalina Álvarez. Con esta función, rematan as representacións de teatro profesional adulto da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2026 na nosa cidade.

 

SINOPSE:

“Amalia y el río, historia de una estraperlista”, está baseada na historia real de Antonia La Lirina, veciña de Olivenza (Badajoz). Recolle feitos acaecidos na fronteira entre España e Portugal desde 1942 ata o 1964, cando xa viúva e con oito fillos emigra a Barcelona.

A peza representa un anaco vivo das historias ocultas do contrabando en España protagonizado por unha muller forte, intelixente e sarcástica que pelexou por manter a súa dignidade e o seu dereito ao traballo nunha sociedade profundamente machista.

Cando Amalia volve o seu pobo sempre aparece o mesmo sono: o río da súa xuventude, os gritos ameazantes de guardinhas e carabineros, mulleres cruzando as frías augas cargadas de vultos, as cancións da súa nai, a alegría da súa amiga Rosa, os segredos da Basilisa, a envexa da súa sogra, a Pelá –que tantas veces a denunciou–, o simpático Chiribique…

 

O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros, 3 para desempregados, xubilados e estudantes.

 

Próxima cita co teatro no Edificio Multiusos

  • 26 de abril, 18.00 horas:  “Berenguela na gaiola”, do grupo Galeatro Producións Escénicas. Dirixida ao público infantil.