Monforte de Lemos, 15 de maio de 2026. A Torre da Homenaxe de Monforte iluminarase de azul mañá, 16 de maio, para conmemorar o Día da Enfermidade Celíaca. Con este acto, o Concello de Monforte súmase aos actos convocados pola Asociación de Celíacos de Galicia para dar visibilidade a esta patoloxía e reivindicar o dereito á inclusión das persoas celíacas en todos os ámbitos da súa vida, tanto no social coma laboral, xa que na maioría das relacións sociais está presente a comida, podendo ser excluínte tanto para nenos e nenas como para adultos celíacos.
A enfermidade celíaca é unha enfermidade sistémica, de base autoinmune, provocada polo glute e prolaminas relacionadas en individuos xenéticamente susceptibles. O 2% da poboación europea é celíaca, o cal implica a realización dunha estrita dieta sen glute por parte destes pacientes.