Monforte de Lemos, 9 de xullo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de anunciar a incorporación do artista murcinano Walls ao programa musical das Festas Patronais de Monforte 2026, completando así o cartel das grandes festas de agosto na nosa cidade. A actuación será o sábado, 15 de agosto, ás 0.30 horas, despois da sesión de fogos artificiais de San Vicente.
Ginés Paredes Giménez, Walls, é un dos artistas con maior proxección do panorama musical español e unha das figuras chamadas a liderar a nova xeración do pop-rock nacional. Chega a Monforte no mellor momento da súa carreira, tras publicar o seu terceiro álbum de estudio “El Día que me Olvides”, co que debutou como número 1 na lista oficial de ventas en España.
Walls substitúe no cartel ao concerto de Beret, que foi cancelado sen que supuxera ningún coste para o Concello. A nova contratación supón, ademais, un aforro no orzamento total do programa musical, baixando dos 127.500 euros da actuación de Beret aos 82.280 euros, iva inclúido, que supón a incorporación de Walls. O aforro é, polo tanto, de 44.770 euros.
O Alcalde explica que esta incorporación ao cartel “mantén a filosofía da programación musical das Festas Patronais que vimos facendo con gran éxito desde a nosa chegada ao goberno municipal e que consiste en combinar artistas consolidados con algúns dos nomes con maior proxección da música española”. O resultado, engade, é un programa “equilibrado, actual e pensado para todos os públicos”.
Datos destacados de Walls
- Nº 1 en ventas co seu novo álbum “El Día que me Olvides”.
- 1,1 millóns de oíntes mensuais en Spotify.
- Premio LOS40 Music Awards ao mellor videoclip (2025).
- Colaboracións con Dani Fernández, Hombres G, Despistaos, Marc Seguí.
- En febreiro de 2026 protagonizou un dos fitos da súa carreira cun concerto no Movistar Arena de Madrid, congregando a máis de dez mil persoas.
Nas últimas semanas, ademais, Walls incrementou notablemente a súa proxección pública tralo encontro que mantivo coa Princesa Leonor durante un acto oficial en Murcia, unha imaxe que tivo unha ampla repercusión nos medios de comunicación nacional.
CARTEL COMPLETO FESTAS PATRONAIS 2026
Martes, 11 de agosto:
- DE VACAS. Praza de España, ás 22.30 horas.
Mércores, 12 de agosto:
- RÁFAGA: Explanada da Compañía, ás 00.00 horas.
- ORQUESTA OLYMPUS: Ofrecerá dous pases. Un de 23.00 a 00.00 horas, e outro, máis extenso, de 1.30 a 3.30 horas.
Xoves, 13 de agosto:
- MISS CAFEÍNA: Concerto ás 12 da noite, na Explanada da Compañía.
- ORQUESTA ACORDES: Ofrecerá dous pases. Un de 23.00 a 00.00 horas, e outro de dúas horas, de 1.30 a 3.30 horas.
Venres, 14 de agosto:
- MARLON: Explanda da Compañía, ás 00.00 horas.
- ORQUESTA LOS ESPAÑOLES. Dous pases, 23.00 a 00.00 horas, e de 1.30 a 3.30 horas.
Sábado, 15 de agosto:
- WALLS: Explanada da Compañía. Este concerto será ás 0.30 horas, despois da sesión de fogos artificiais de San Vicente.
- DOC MAGOO`S e MALENNE. A xornada grande das Festas Patronais reserva tamén protagonismo ao talento local, coa participación das bandas monfortinas:
DOC MAGOO’S, de 22.30 a 00.00 horas
MALENNE, de 02.00 a 03.30 horas
Domingo, 16 de agosto:
- ORQUESTA PANORAMA: O peche das Festas correrá a cargo da Orquesta Panorama, que ofrecerá dous pases. O primeiro despois dos Fogos do Río, de 00.30 a 2.30 horas, e o segundo, de 3.30 a 4.30 da madrugada.
- GRUPO AMÉRICA. Dúas sesións: de 22.00 a 00.00 horas, e de 2.30 a 3.30 horas.