O XII Festival Cómico Festivo 'A rúa é vosa' ofrece sete propostas escénicas para o público familiar durante as Festas Patronais

Monforte de Lemos, 12 de agosto de 2026. O XII Festival Cómico Festivo "A Rúa é Vosa, integrado no programa das Festas Patronais 2026 que comezaron este martes e estenderanse ata o vindeiro domingo 16 de agosto, arrancou este mércores co espectáculo de música e acrobacias da compañía Circo Activo. O show, titulado “Mi, sol, si... Xa!”, tivo lugar ás 13.00 horas, na Praza de España, cunha gran afluencia de público.

A mañá estivo amenizada tamén polo Grupo de Gaitas Gaiteiros de Lemos e os Xigantes e Cabezudos, que fixeron un pasarrúas polo núcleo urbano. 

O certame “A rúa é vosa”, dirixido ao público familiar, achega na súa duodécima edición un total de sete propostas coa participación de 7 compañías especializadas en clown, acrobacias, maxia, música, monicreques e globoflexia.

 

13 sesións os días 12, 13, 14 e 16 de agosto

Desenvolverase os días 12, 13, 14 e 16 de agosto, cun total de 13 sesións gratuítas e abertas a todos os públicos, en horarios de mañá e tarde na Praza de España e na rúa Cardeal. O día 15 non haberá programación debido á celebración do Día do Gaiteiro e, tampouco este mércores 12 pola tarde, para facilitar que a cidadanía poida seguir a eclipse solar total, visible desde Monforte.

 

PROGRAMA COMPLETO DO XII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO ‘A RÚA É VOSA’

Mércores 12:

  • 13.00 h. Praza de España. Circo Activo.

Xoves 13:

  • 12:00 h. Rúa Cardeal. Otto il Basotto. Rúa Cardeal
  • 13.00 h. Luciérnagas Teatro. Praza de España
  • 19.00 h. Otto il Basotto. Rúa Cardeal.
  • 20.00 h. Luciérnagas Teatro. Praza de España.

Venres 14:

  • 12:00 h. Jisoo Park. Rúa Cardeal.
  • 13.00 h. Abraham Arzate. Praza de España.
  • 19.00 h. Jisoo Park. Rúa Cardeal.
  • 20.00 h. Abraham Arzate. Praza de España.

Domingo 16:

  • 12:00 h. Animar-T. Rúa Cardeal.
  • 13.00 h. Francis Zafrilla. Praza de España.
  • 19.00 h. Animar-T. Rúa Cardeal.
  • 20.00 h. Francis Zafrilla. Praza de España.