O Xoves de Compadres inaugura o Entroido 2026 en Monforte coa participación de decenas de propostas individuais e colectivas

Monforte de Lemos, 5 de febreiro de 2026. A celebración do Xoves de Compadres inaugurou hoxe o Entroido 2026 no Concello de Monforte. A chuvia non puido coa tradición e decenas de compadres, elaborados coma sempre con orixinalidade e humor, luciron espallados por barrios, parroquias e centros de ensino do municipio.

No concurso de Compadres convocado polo Concello de Monforte participaron unha vintena de asociacións, entidades e persoas a título individual, que sumaron decenas de bonecos co seu particular atrezo. Para este certame, que culmina na Praza de España coa lectura dos premios e a tradicional queima dos compadres, a Concellería de Cultura levou a cabo tres convocatorias ás que se destinan un total de 2.000€ en premios: unha para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e unha terceira de carácter individual na Praza de España.

En total, presentáronse a concurso unha vintena de propostas:

  • Parroquias/barrios/rúas. Colectivo: 8 asociacións e entidades participantes cun total de 42 compadres.
  • Parroquias/barrios/rúas. Individual: 4 participantes con 7 compadres en total.
  • Centros de ensino. Colectivo: 1 centro.
  • Centros de ensino. Individual: 4 centros.
  • Praza de España. Individual: 3 participantes con 3 compadres.

Os premios coñecéronse pasadas as 17.30 horas, e foi a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada do Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, a encargada de facer a correspondente lectura. Previamente, felicitou a todos os participantes e agradeceu a asistencia dos centros de ensino e compadres individuais neste acto da Praza de España, no que finalmente o tempo acompañou.

 

PREMIOS XOVES COMPADRES DO CONCELLO DE MONFORTE 2026:

-Crítica social- Bar-Cenas, hay chistorras y lechugas. San Xillao de Tor, 150€.

-Etnografía- A antiga escola. Asociación Agora, 150€.      

      

-Parroquias/barrios/rúas. Colectivo:

Accésit -  O mundo do revés. Asociación Prodeme75€.

Accésit – Pedimos ao Concello… Alicia Dapena Pérez, 75€.

Accésit – Cesta da compra polas nubes. AFAMON, 75€.

2º -   Futuro incierto. Asociación Agora, 120€.

2º-    Trump conquista Groencobas. Asociación Veciños Barrio de Cobas, 120 €

1º -   Bar-Cenas, hay chistorras y lechugas. San Xillao de Tor, 150€.

1º -   A antiga escola. Asociación Agora, 150€.

 

-Barrios individual (ata 3 compadres):

2º -   Trumpisto. Geriatros Domus VI Monforte, 75€.

1º -   Zenón apaña leña por Guntín. Matilda Somoza González, 100€.

 

-Praza de España  individual

Accésit – O ronroneiro oficial. Luis Gallego López, 50€.

2º -  El vampiro que vive en el castillo. Abril Blanco Rajo, 75 €

1º -  Un vello dos de antes. Adelina Deus González, 100€.

 

-Centros ensino. Colectivo (Máis de 3 compadres)

 -  Policán. Colexio Ferroviario, 150€.

 

-Centros ensino. Individual

 -  Mouros. CEIP Monforte, 75€.

 -  Os cars do Torre de Lemos. Fundación Educativa Torre de Lemos, 75€.

-   José Andrés, emociónate comigo para axudar. CEIP A Gándara, 100€.

-   Mazinger Z, ANPA Colexio Escolapios, 100€.