Alumnos Obradoiro Dual de Emprego

Alumnos Obradoiro Dual de Emprego

11/05/2026  Preseleccionados SPEG Carpinteiros

11/05/2026  Preseleccionados SPEG albanel

06/05/2026  Bases 2026

ANUNCIO:

As persoas que figuran NESTES listados foron PRE- seleccionado/a polo SEPG para participar no proceso selectivo  de PERSOAS TRABALLADORAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO “ACONDICIONAMENTO INSTALACIÓNS ESCOLA OBRADOIRO A PINGUELA III-RESTAURACIÓN ENTORNO ZONA INCENDIOS FORESTAIS 25”

ESPECIALIDADE: TRABALLOS DE CARPINTARÍA E MOBLE/ APLICACIÓN DE VERNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTARÍA E MOBLE. (10 ALUMNOS/AS)

Neste acto notifícaselle que está obrigado/a  a acudir as instalacións do Multiusos, Rúa Emilia Casas Baamonde, S/N, de Monforte de Lemos, o vindeiro día    20/05/2026 ás 10:00 horas,  para realizar o procedemento de acreditación das características persoais do indicado proceso selectivo, que poderá facerse por escrito.

Deberá acudir provisto/a do DNI/ NIE.

Ademais debe aportar a documentación para  valoración das súas circunstancias obxectivas (méritos), presentando, ata o 18 de maio do 2026,  no Rexistro Municipal en horario de 09,00 ata 14:00 horas ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común  a súa solicitude de participación  documentación acreditativa dos mesmos como se especifica  nas bases.

Non se valoraran os méritos cuxa acreditación non se axuste o disposto para elo en dito anexo I nin os presentados mais alá da data indicada (18/05/2026)

De serlle imposible acudir o lugar e data indicados, por causa suficientemente xustificada, deberá acreditar dita causa  no momento de recibir esta notificación ou, en todo caso, con anterioridade ó inicio do exame.

Advírtese ós/as aspirantes que  non  acudir á realización da proba,  sen xustificación, conlevará os prexuízos que poida depararlles,  sen responsabilidade algunha ó efecto por parte deste Concello.