A Feira Medieval de Monforte celébrase a fin de semana de Semana Santa. Neste 2026 chega á súa XXII edición. Esta cita turística de referencia atrae durante dous días a centos de persoas que pasean as rúas e prazas da zona vella vestidas de época e participan das diferentes actividades. Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e sucéndese os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actuacións musicais….
Este ano a Feira terá lugar os días 4 e 5 de abril.
Prazos e requisitos de inscrición
As bases recollen o procedemento de solicitude, documentación que se debe achegar, así como aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos, a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo e os horarios de apertura e peche.
Segundo se especifican nas citadas bases, o 3 de febreiro iníciase o prazo de inscrición e remata o día 2 de marzo, e o día 10 de marzo publicarase na páxina web municipal (www.monfortedelemos.es) a listaxe de participantes, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo de inscrición.
A organización da XXI Feira Medieval admitirá tres modalidades de postos: gastronomía, artesanía e comercio. E, do mesmo xeito, darase prioridade ás solicitudes de vendedores e vendedoras de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesán ou artesá.
O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño.
No transcurso da Feira Medieval, o horario de apertura dos postos inscritos será ás 10:00 horas e o peche dos mesmos será entre as 21:00 e 23:00 horas, en función da afluencia de xente.
Na Sede Electrónica da entidade (sede.monfortedelemos.es) pódese realizar a inscrición on line. Para elo deberá de dispoñer do certificado dixital ou DNI electrónico. O procedemento de inscrición atópase na área de Tramitación (modalidade: Cultura).
Máis información na Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello (Casitas da Compañía), nos teléfonos: 698181551 e 982884775 e no correo: feiramedieval@concellodemonforte.com
Documentos de interese:
Bases participación Feira Medieval 2026
Solicitude Participacion Feira Medieval 2026 + Anexo I
O Concello de Monforte programa dentro da XXII Feira Medieval do 2026 concursos:
-X CONCURSO DE DECORACIÓN DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E HOSTALEIROS
-IX CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS
-XII CONCURSO DE TRAXES MEDIEVAIS
Os prazos para realizar a solicitude de participación nestes concursos é do no rexistro xeral do Concello.
ARQUIVOS PARA DESCARGA:
Concurso de Axudas para a confección de traxes medievais 2026