O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Agosto 2025
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
PREVENCIÓN DO CONSUMO DE SUBSTANCIAS ADITIVAS. A prevención do consumo de substancias aditivas empeza na infancia, non na adolescencia.
A verdadeira prevención NON empeza na adolescencia nin na preadolescencia, senón na infancia. Os datos sobre o consumo de alcohol, tabaco e cannabis son alarmantes; sobre todo en canto á idade do inicio se refiren. É por isto que hai que darlle importancia a moitos aspectos que como nais e pais podemos traballar na casa.
Darlle ferramentas aos nosos fillos e fillas desde que son pequenos axudaralles a tomar decisións de maneira máis madura a medida que vaian crecendo.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com