O Servizo de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Decembro 2025
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
CANDO REGALAR MENOS É MÁIS. REGALAR MENOS É, MOITAS VECES, REGALAR MELLOR
Nunha sociedade onde o consumo e a acumulación moitas veces definen o valor das nosas accións, a idea de que “menos é máis” pode soar contraditoria, especialmente no contexto dos agasallos. As festas, aniversarios e celebracións evolucionaron cara a demostracións materiais de afecto: canto máis grande, caro ou abundante o agasallo, maior o agarimo demostrado (é fácil caer na trampa de pensar que "máis agasallos = máis amor").
Con todo, é iso realmente certo?
Pero, e se che dixésemos que regalar menos pode ter un impacto moito máis profundo nos teus fillos?
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com