O Servizo de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Novembro 2025
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
QUE SON OS VALORES E POR QUE SON TAN IMPORTANTES NA EDUCACIÓN
Ao nacer, os nosos fillos non son nin bos nin malos, descoñecen as normas que rexen a súa familia ou a súa sociedade. A súa conciencia ética vaise desenvolvendo co paso dos anos. Pero necesitan a nosa axuda xa que non levan ningún chip incorporado que lles diga se os seus actos son correctos ou incorrectos, o que está ben ou o que está mal. Por iso é tan importante ensinar os valores cívicos que lles permitan desenvolverse e convivir nunha sociedade plural.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com