O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. XULLO 2023

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. XULLO 2023

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

 

USO E CONFIGURACIÓN SEGURA DE DISPOSITIVOS MÓBILES DE MENORES

Os nosos fillos utilizan habitualmente unha gran variedade de dispositivos tecnolóxicos para acceder a Internet: móbiles (tanto seus como dos seus pais), tablets, computadores, videoconsolas... E non quedan só en navegar por páxinas web, pois participan activamente en redes sociais, utilizan aplicacións de mensaxería instantánea, xogos, etc.

Para que estean máis seguros en liña, habemos de axudarlles a facer un bo uso da internet, pero tamén protexer os seus dispositivos e as súas contas de usuario tanto nas redes sociais como noutros servizos en liña.

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación - 17

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

Tlf. 982 40 04 95

Nº Rex. C-27-000100

e-mail:  uad@concellodemonforte.com