TRÁMITES DIRIXIDOS A INMIGRANTES E EMIGRANTES RETORNADOS
Axudas Económicas para Emigrantes Retornados (Ministerio de Traballo e Inmigración)
Paliar a situación derivada da carencia de recursos d@s españois/las no exterior e d@s familiares ao seu cargo que integren a unidade familiar, así como sufragar os gastos extraordinarios derivados do feito da emigración cando se acredite insuficiencia de recursos no momento da solicitude da axuda.
Axudas Extraordinarias a Emigrantes Galeg@s Retornad@s (S.X. Emigración)
Concesión de prestacións económicas extraordinarias e non periódicas dirixidas @s emigrantes galeg@s retornad@s e aos seus familiares para atender situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do feito do seu retorno a Galicia.
Pensión Asistencial por Ancianidade para Españois/las de Orixe Retornad@s (MTAS)
@s españois/las de orixe residentes en países onde a precariedade do sistema de protección social xustifique a existencia da prestación por razón de necesidade poderán ser beneficiari@s da pensión asistencial por ancianidade cando retornen a España.
Axudas para a realización de viaxes por razón de interese social, asistencial ou humanitario (S.X. Emigración)
Atender situacións de emerxencia social ou sanitaria sobrevidas e de carácter extraordinario que necesiten dunha actuación urxente, ou para sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns de carácter social, asistencial ou humanitario, ás persoas que poidan ter a condición de beneficiari@s.
Informe social para acceso ao programa de retorno voluntario de inmigrantes desde España da O.M.I.
Emisión de Informe Social con valoración favorable para acollerse ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España (PREVIE) da O.I.M.
Informe de Inserción social dun estranxeir@ (Arraigo Social)
Informe emitido polo Concello como parte da documentación necesaria para regularizar a estancia en España das persoas estranxeiras que se atopen nunha situación de irregularidade administrativa. Neste informe débese facer constar o tempo de permanencia da persoa estranxeira en España e concretamente en Monforte de Lemos, os medios de vida cos que conta, o seu coñecemento das linguas que se utilicen na súa contorna (galego e español), o seu coñecemento e inserción nas redes sociais da súa contorna, os programas de inserción sociolaboral en que participe e calquera outro extremo que determine o seu grao de arraigo no municipio. A persoa estranxeira deberá acreditar documentalmente todos os datos anteriores e en base a eles emitirase o Informe cunha Valoración favorable ou desfavorable sobre o seu grao de inserción.
Solicitude de Informe de Vivenda para a Regularización de Menores
Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia d@ reagrupante no que se deberá facer referencia aos seguintes extremos: título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento. Este informe é un dos documentos que se deben de achegar á solicitude de autorización de residencia por reagrupación familiar.
Solicitude de Informe de Vivenda para a Reagrupación Familiar
Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia da persoa estranxeira que reside legalmente no país e que quere traer aos seus familiares, cónxuxe, descendentes menores de idade e ascendentes. No informe ten que facerse referencia aos seguintes extremos: título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento.