Actividades socioculturais

Programa ACTIVA 2026-2027

Monforte de Lemos, 4 de setembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde,  Gloria Prada, e pola coordinadora de Servizos Sociais do Concello, Luz Méndez, anunciou hoxe en rolda de prensa a posta en marcha da novena edición do Programa Activa, unha iniciativa impulsada polo Equipo de Goberno en 2016 que promove o envellecemento activo, a autonomía persoal, o benestar e a participación social das persoas maiores do municipio.

José Tomé indicou que o Programa Activa “é xa unha iniciativa plenamente consolidada e moi demandada pola cidadanía”, e destacou que ao longo destes anos foi medrando tanto na oferta de actividades como en número de prazas. E lembrou que, debido á suspensión do programa pola pandemia da COVID-19, esta será a novena edición, cando inicialmente correspondería á décima.

Na presentación, o rexedor incidiu na importancia desta iniciativa que “é moito máis ca un programa de actividades”, en referencia ao seu compoñente social: “É tamén unha ferramenta para facer comunidade, crear vínculos e previr a soidade non desexada e o illamento social. Porque sabemos que a soidade non desexada pode ter consecuencias negativas sobre o benestar das persoas, e por iso desde o Concello de Monforte, e en particular neste Equipo de Goberno, entendemos que promover espazos de encontro, convivencia e participación é tamén unha forma de prevención”.

O programa ten, ademais, carácter interxeracional, co obxectivo de fomentar a convivencia entre maiores e mocidade. Así, inclúe actividades dirixidas a persoas maiores de 55 anos, pero tamén, segundo a modalidade, á xente nova. Nesta edición, e como novidade, as actividades interxeracionais estarán abertas a rapaces e rapazas desde os 14 anos, reducindo así a idade de acceso para facilitar a incorporación da mocidade, xa que antes había que ter 16 para participar.

741 prazas e máis actividades

Nesta nova edición, correspondente ao período 2026-2027, o Programa Activa contará con 741 prazas, das que 714 serán ordinarias e 27 adicionais, estas últimas reservadas para persoas usuarias dos Servizos Sociais municipais, segundo a valoración dos profesionais e os seus correspondentes plans de intervención.

José Tomé explicou que estas prazas adicionais forman parte das medidas de acción positiva destinadas a facilitar a participación de persoas que se atopan en situación de maior vulnerabilidade social. Así mesmo, mantéñense prazas reservadas para persoas con discapacidade.

No que se refire á oferta de actividades, este ano incorpórase unha nova proposta, CuidArte, pensada para traballar o benestar físico, emocional e social das persoas maiores e, especialmente, daquelas que tamén desenvolven tarefas de coidado. A actividade, explicou o Alcalde, “busca fomentar o autocoidado, a autoestima e o benestar físico e emocional, ofrecendo ferramentas que axuden a afrontar o día a día e lembrando que coidar das demais persoas tamén implica aprender a coidarse a un mesmo”.

A incorporación desta actividade suma 10 novas prazas na oferta do Centro Cívico-Social respecto da edición anterior, ás que se suman as 27 prazas adicionais, contribuíndo así ao incremento global da oferta nun total de 37 prazas máis dispoñibles.

A PROGRAMACIÓN COMPLETA presentada polo Alcalde é a seguinte:

No Centro Cívico-Social ofértanse un total de 446 prazas en 27 grupos e desenvolveranse as seguintes actividades:

Dirixidas a persoas a partir de 55 anos:

• Ximnasia de mantemento

• Taichi

• Ioga

• Ximnasia acuática

• Conservando a memoria

• CuidArte

• Competencias dixitais con tres niveis: iniciación, intermedio e avanzado

• Informática básic

Interxeracionais dirixidas a persoas a partir de 14 anos:

• Cerámica

• Manualidades

• Costura en dous niveis: básica e creativa

• Bailes de salón

• Bailes latinos

Oferta nas parroquias

José Tomé puxo en valor tamén a dimensión territorial do Programa Activa, que non se limita ao núcleo urbano de Monforte, senón que achega actividades ás parroquias, en función da demanda existente e das solicitudes realizadas a  través dos representantes das parroquias, pedáneos ou asociacións. Neste caso, estímase unha participación de arredor de 268 prazas tendo en conta os datos da edición anterior.

“Queremos que o Programa Activa estea presente en todo o municipio e que as persoas maiores das parroquias tamén teñan espazos de encontro, participación e actividade”, indicou o Alcalde.

Nas parroquias poderán desenvolverse actividades como Conservando a memoria, Manualidades, Costura creativa e básica, Ximnasia de mantemento e Bailes de salón ou Bailes latinos, segundo as necesidades e solicitudes de cada zona.

Outra das propostas que se mantén son os obradoiros interxeracionais de Nadal, para favorecer as relacións entre os avós e netos durante o período do Nadal. Neste senso, o Alcalde subliñou o valor destas actividades como “espazos de encontro entre xeracións e de fortalecemento das relacións sociais”.

Un orzamento de 65.000 euros

O rexedor destacou o feito de que todas as actividades do Programa Activa son totalmente gratuítas para as persoas participantes, xa que están financiadas integramente polo Concello de Monforte de Lemos tendo en conta, ademais, que nesta edición o investimento aumenta en 5.000 euros ata alcanzar os 65.000 euros.

“Este incremento responde á boa acollida do programa e á crecente demanda por parte da cidadanía”, explicou o Alcalde, quen reafirmou o compromiso do Equipo de Goberno con este tipo de iniciativas: “O acceso a actividades que favorecen o benestar, a saúde, a aprendizaxe e a participación social non pode depender da capacidade económica de cada persoa”, apuntou Tomé.

 

Calendario e prazo de inscrición

O programa desenvolverase durante nove meses, desde o 19 de outubro de 2026 ata o 11 de xuño de 2027.

O prazo ordinario de inscrición permanecerá aberto do 16 ao 30 de setembro de 2026, ambos incluídos. As solicitudes deberán presentarse mediante o formulario correspondente no Rexistro dos Servizos Sociais, no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica do Concello de Monforte.

Con carácter xeral, cada persoa poderá participar nunha actividade no Centro Cívico-Social, co obxectivo de facilitar unha distribución máis equilibrada das prazas e permitir que un maior número de persoas poida acceder ao programa. No caso de quedar inicialmente en lista de agarda e obter posteriormente praza noutra actividade durante o período extraordinario, a persoa pasará a participar na nova actividade e deixará de formar parte da lista de agarda anterior.

Se o número de solicitudes supera o de prazas dispoñibles, a adxudicación realizarase mediante sorteo público.

Un modelo de envellecemento activo, participativo e inclusivo

José Tomé concluíu destacando que o Programa Activa representa “unha aposta clara do meu Equipo de Goberno por un modelo de envellecemento activo, participativo e inclusivo”, no que as políticas sociais deben combinar a atención ás necesidades das persoas coa prevención, a promoción da autonomía e a creación de redes de apoio.

“Estamos satisfeitos de ver como unha iniciativa que puxemos en marcha hai dez anos segue medrando, consolidándose e sendo demandada polas persoas maiores de Monforte”, concluíu o Alcalde.

 

O Concello abre este mércores, 16 de setembro, o prazo de inscrición no Programa Activa, con 741 prazas en actividades de envellecemento activo e interxeracionais

Monforte de Lemos, 15 de setembro de 2026. O Concello de Monforte abre mañá mércores, 16 de setembro, o prazo de inscrición nas actividades do Programa Activa 2026-2027, unha iniciativa que promove o envellecemento activo, a autonomía persoal, o benestar e a participación social das persoas maiores do municipio.

Esta nova edición, presentada polo Alcalde José Tomé o pasado 4 de setembro en rolda de prensa, oferta un total de 741 prazas en actividades dirixidas especificamente a persoas a partir de 55 anos e propostas interxeracionais nas que poden inscribirse veciños e veciñas desde os 14 anos.

O programa desenvolverase no Centro Cívico-Social (Paseo do Malecón s/n) e nos locais sociais das parroquias durante nove meses, desde o 19 de outubro de 2026 ata o 11 de xuño de 2027.

Prazo de inscrición

O prazo ordinario de inscrición permanecerá aberto desde mañá mércores 16 ata o 30 de setembro de 2026, ambos incluídos. As solicitudes deberán presentarse mediante o formulario correspondente no Rexistro dos Servizos Sociais, no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica do Concello de Monforte. Os formularios poden descargarse na páxina web municipal desde o propio mércores 16. Ademais, habilitarase un punto de información nas oficinas de Servizos Sociais, no Paseo do Malecón s/n.

Con carácter xeral, cada persoa poderá participar nunha actividade no Centro Cívico-Social, co obxectivo de facilitar unha distribución máis equilibrada das prazas e permitir que un maior número de persoas poida acceder ao programa. No caso de quedar inicialmente en lista de agarda e obter posteriormente praza noutra actividade durante o período extraordinario, a persoa pasará a participar na nova actividade e deixará de formar parte da lista de agarda anterior.

Se o número de solicitudes supera o de prazas dispoñibles, a adxudicación realizarase mediante sorteo público.

741 prazas e máis actividades

Nesta nova edición, correspondente ao período 2026-2027, o Programa Activa oferta 741 prazas, das que 714 son ordinarias e 27 adicionais, estas últimas reservadas para persoas usuarias dos Servizos Sociais municipais, segundo a valoración dos profesionais e os seus correspondentes plans de intervención.

Na presentación do programa, o Alcalde José Tomé explicou que estas prazas adicionais forman parte das medidas de acción positiva destinadas a facilitar a participación de persoas que se atopan en situación de maior vulnerabilidade social. Así mesmo, mantéñense prazas reservadas para persoas con discapacidade.

No que se refire á oferta de actividades, este ano incorpórase unha nova proposta, CuidArte, pensada para traballar o benestar físico, emocional e social das persoas maiores e, especialmente, daquelas que tamén desenvolven tarefas de coidado. A actividade, explicou o Alcalde, “ofrece ferramentas para afrontar o día a día porque coidar das demais persoas tamén implica aprender a coidarse a un mesmo”.

A incorporación desta actividade suma 10 novas prazas na oferta do Centro Cívico-Social respecto da edición anterior, ás que se suman as 27 prazas adicionais, contribuíndo así ao incremento global da oferta nun total de 37 prazas máis dispoñibles respecto á edición anterior.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

No Centro Cívico-Social ofértanse un total de 446 prazas en 27 grupos nas seguintes actividades:

     Dirixidas a persoas a partir de 55 anos:

• Ximnasia de mantemento

• Taichi

• Ioga

• Ximnasia acuática

• Conservando a memoria

• CuidArte

• Competencias dixitais con tres niveis: iniciación, intermedio e avanzado

• Informática básica

Interxeracionais dirixidas a persoas a partir de 14 anos:

• Cerámica

• Manualidades

• Costura en dous niveis: básica e creativa

• Bailes de salón

• Bailes latinos

Oferta nas parroquias

O Programa Activa non se limita só ao núcleo urbano de Monforte, senón que achega actividades ás parroquias, en función da demanda existente e das solicitudes realizadas a  través dos representantes, pedáneos ou asociacións. Neste caso, estímase unha participación de arredor de 268 prazas tendo en conta os datos da edición anterior.

Neste caso, poderán desenvolverse actividades como Conservando a memoria, Manualidades, Costura creativa e básica, Ximnasia de mantemento e Bailes de salón ou Bailes latinos, segundo as necesidades e solicitudes de cada zona.

Actividades totalmente gratuítas

Tal e como explicara o Alcalde na presentación desta nova edición, todas as actividades do Programa Activa son totalmente gratuítas para as persoas participantes, xa que están financiadas integramente polo Concello de Monforte de Lemos tendo en conta, ademais, que nesta edición o investimento aumenta en 5.000 euros ata alcanzar os 65.000 euros.

Un modelo de envellecemento activo, participativo e inclusivo

O Alcalde José Tomé anima á cidadanía de Monforte a participar neste programa, tanto ás persoas maiores de 55 anos como á xente nova a través das actividades interxeracionais. O Programa Activa, indica, “é moito máis ca un programa de actividades, é unha ferramenta para facer comunidade, crear vínculos e previr a soidade non desexada e o illamento social. Porque sabemos que a soidade non desexada pode ter consecuencias negativas sobre o benestar das persoas”.

Neste senso, o rexedor lembra que esta iniciativa foi una proposta impulsada polo seu Equipo de Goberno no 2016 trala súa chegada á Alcaldía, nunha aposta por un modelo de envellecemento activo, participativo e inclusivo, no que as políticas sociais deben combinar a atención ás necesidades das persoas coa prevención, a promoción da autonomía e a creación de redes de apoio”.

 DIPTICOS ACTIVIDADES EN CENTRO CÍVICO 2026-2027

 DIPTICO ACTIVIDADES EN PARROQUIAS 2026-2027

 Inscripción programa ACTIVA PARROQUIAS

 Solicitud y Programa activa