Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
Alcaldes e concelleiros lucenses únense en defensa da administración local |
Medio cento de alcaldes e concelleiros pertencentes a 28 municipios lugueses asistiron á reunión convocada polo alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, para falar da situación que atravesan os pequenos concellos e para procurar medidas que solucionen a súa problemática.
|
17/06/2013 | Noticias histórico |
O Concello pon en marcha un Programa de Préstamo de Libros |
A concelleira de Benestar Social, Pilar López, acompañada polas directoras dos colexios A Gándara e CEIP Monforte, Gloria Cortiñas e María Núñez, respectivamente, presentou o Programa de Préstamo de Libros posto en marcha pola súa delegación.
|
21/06/2013 | Noticias histórico |
O Concello achega 10.000 euros para becas escolares |
A concellería de Benestar Social destina 10.000 euros a becas para a adquisición de libros de texto e material escolar durante o ano lectivo 2013/2014.
Estas becas diríxense ó alumnado empadroado e escolarizado nos centros educativos de Monforte nalgún dos cursos obxecto da convocatoria:
Infantil (3, 4 e 5 anos). Educación Primaria |
02/07/2013 | Noticias histórico |
Alcaldes e concelleiros lucenses volverán reunirse na Pastoriza o día 20 de xullo |
Alcaldes e concelleiros da provincia de Lugo volverán reunirse o sábado día 20 de xullo no concello da Pastoriza, dándolle continuidade ó encontro celebrado en Monforte o pasado día 15 de xuño.
|
10/07/2013 | Noticias histórico |
Seis concertos amenizarán as prazas de Monforte no mes de agosto |
A concelleira de Cultura, Pilar López, presentou a actividade musical de verán “Concertos de Música Moderna nas Prazas”, nun acto no que estivo acompañada por Fernado Sanmartino, director do Conservatorio Municipal, e Alfonso Muñoz, de Fábrica de Sons.
|
12/07/2013 | Noticias histórico |
Mercados de Monforte será un escaparate dos produtos da Ribeira Sacra |
A concelleira de Promoción Económica, Mº Xosé Vega, presentou os mercados temáticos do vindeiro mes de agosto, mes no que estes mercados que se celebran na Praza de Abastos de Monforte estarán dedicados exclusivamente ós produtos da Ribeira Sacra.
|
18/07/2013 | Noticias histórico |
Ordenación do tráfico de vehículos con motivo das Festas Patronais |
Para facilitar a instalación dos postos das Festas Patronais, o estacionamento do Parques dos Condes permanecerá pechado ao tráfico a partir do día 6 ás 24 h. Como espazos de aparcadoiro alternativos sinálanse as rúas Sarria e Escultor Francisco Moure. |
06/08/2013 | Noticias histórico |
O día 21 comeza a XVI Feira do Libro de Monforte |
O alcalde, Severino Rodríguez, a concelleira de Cultura, Pilar López, Antonio Fernández Maira, representante da Federación de Librarías de Galicia, e a libreira monfortina, Ada Agrasar, presentaron a XVI Feira do Libro de Monforte de Lemos que se desenvolverá do 21 ó 24 de agosto na zona peonil da rúa do Cardeal.
|
16/08/2013 | Noticias histórico |
O Concello pretende baixar o IBI para o 2014, sempre que Rajoy o permita |
A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, compareceu en rolda de prensa para falar da comunicación informativa que se está enviando ós veciños e veciñas de Monforte sobre a suba do Imposto de bens Inmobles (IBI).
|
23/08/2013 | Noticias histórico |
O alcalde transmítelle a Fenosa a súa indignación polo peche da oficina monfortina |
O alcalde de Monforte remitiu unha carta ó delegado general en Galicia de Gas Natural Fenosa solicitándolle a inmediata apertura dunha oficina de atención ó público na nosa cidade.
|
24/08/2013 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »