Monforte de Lemos, 8 de xuño de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que trala publicación o pasado sábado, 6 de xuño, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do extracto das bases da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso escolar 2026/2027, todos os interesados en solicitalas, están en disposición de poder facelo desde este luns, 8 de xuño. O prazo remata o vindeiro 6 de xullo.
Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 35.000 euros despois de que o Alcalde decidira incrementar 5.000 euros máis respecto do ano anterior, “co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte, que presentan maiores dificultades económicas para afrontar este gasto ao comezo do curso escolar”, destaca o Alcalde.
Tal e como recollen as bases, esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2026 /2027 en educación infantil (3-5 anos), educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.
As axudas teñen como finalidade apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto da axuda.
Persoas beneficiarias
Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes:
1. Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta convocatoria, en calquera centro docente, público ou concertado, do Concello de Monforte de Lemos.
2. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 70% IPREM mensual para o ano 2026 (420 €/mes) en cómputo anual 12 pagas (5.040€ ano por persoa). Para determinar a renda per cápita tomarase a renda da unidade familiar e dividirase polo número de membros da dita unidade como a continuación se especifica:
|
Nº membros unidade familiar |
Ingresos netos mensuais |
Ingresos anuais |
|
2 |
840 |
10.080 |
|
3 |
1.260 |
15.120 |
|
4 |
1.680 |
20.160 |
|
5 |
2.100 |
25.200 |
Non se computarán os ingresos seguintes:
- Prestacións económicas en aplicación da lei de dependencia
- A axuda económica para vítimas de violencia de xénero regulada no RD 1452/2005, de 2 de decembro.
3. Que a persoa solicitante así como os e as menores beneficiarios da mesma, se atopen empadroados e residan efectivamente no Concello de Monforte de Lemos no momento de presentación da solicitude.
4. Que a persoa solicitante estea ó día no pago das obrigas tributarias municipais.
5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A contía máxima das axudas é a seguinte:
- 75€ para Educación Infantil por cada alumno/a.
- 100€ para Educación Primaria por cada alumno/a.
- 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
- 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou que reciban medidas de apoio á diversidade desde os centros educativos ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% .
Renda per cápita
Ós efectos destas bases, enténdese por renda per cápita familiar a resultante de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2024 entre o número de membros computables. No caso de que na unidade familiar concorra, cando menos nun dos seus membros, algunha das seguintes circunstancias: discapacidade igual ou superior ao 33 %, recoñecemento da situación de dependencia ou situación de violencia de xénero, incrementarase en unha unidade o número de membros computables, con independencia do número de persoas que se atopen nestas situacións.
A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Os membros da unidade familiar que presentasen a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2024, para os efectos dos cálculo da renda familiar sumaranse os recadros base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible de aforro(recadro 460) da declaración.
No caso de non presentar declaración do imposto sobre a renda de 2024 teranse en conta os ingresos netos mensuais de todos os membros computables da unidade familiar segundo o establecido na base 8ª.
No obstante, cando as circunstancias económicas actuais non sexan coincidentes coa contía da declaración do IRPF no momento da presentación da solicitude da axuda, teranse en conta estas últimas, sempre que se xustifiquen documentalmente, para o cálculo da renda per cápita.
Presentación de solicitudes
A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I nas bases e que está dispoñible nas oficinas do Centro de Servizos Sociais Municipais emprazado no Paseo do Malecón s/n.
A solicitude e documentación presentarase no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n; no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n ; ou a través da sede electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).
Información na páxina web do Concello.
BASES AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS TEXTO 2026 2027
Solicitud Formulario Axudas Adquisición Material Escolar Libros Texto.pdf
SES-FA-165-Anexo III - Declaración responsable.pdf
Anexo IV - Declaración responsable .pdf
certificado de situacion escolar.pdf