O Concello gánalle a sentencia a Aqualia polas obras das rúas Veiguiña, Ferrol e Santiago

Monforte de Lemos, 15 de decembro de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da sentenza favorable ó Concello ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo Nº 2 de Lugo en relación co recurso interposto pola empresa FCC Aqualia sobre o pago das obras de renovación da rede de abastecemento das rúas Veiguiña, Ferrol e Santiago.

No seu fallo, a través da sentenza número 226/2020 do 7 de decembro de 2020, sobre o Procedemento Ordinario 327/2019, o Xulgado desestima o recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Aqualia contra o Concello de Monforte, polo que o Concello non ten que asumir os custes destas obras de renovación da rede de abastecemento das mencionadas rúas, cuxo importe ascendeu a 90.708,12 euros. A sentenza tamén supón a imposición de costas a Aqualia ata un máximo de 800 euros.

O recurso contra o Concello fora interposto pola empresa Aqualia contra o Acordo da Xunta de Goberno do Concello de Monforte, con data 18 de marzo de 2019, polo que se lle requiría a Aqualia a execución das obras de renovación da rede de abastecemento de augas antes de que o Concello porcedese a renovar o firme das citadas rúas.

 

Antecedentes

Con data 14 de marzo de 2019, os técnicos do Concello de Monforte informaban do estado lamentable das instalacións de abastecemento de auga das rúas Veiguiña, Ferrol e Santiago. En concreto, durante os meses de febreiro a marzo de 2019 foron continuas as avarías na rede de abastecemento de augas de devanditas rúas.

Por este motivo, dado que as avarías no abastecemento de auga eran recorrentes, o Equipo de Goberno do Concello decidiu reclamarlle á empresa concesionaria Aqualia a renovación da rede de abastecemento destas rúas antes de que se procedese a renovar o firme por parte do Concello.

Deste xeito, a Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 18 de marzo de 2019 adoptou por unanimidade, visto o informe técnico, como asunto de urxencia “requirir á empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga Aqualia FCC para que renove a rede de abastecemento de auga antes de que o Concello proceda a renovar o firme da rúas Veiguiña, Ferrol e Santiago”. O devandito acordo foi notificado á empresa Aqualia en data 22 de marzo de 2019.

Pola empresa Aqualia interpúxose recurso de reposición contra o referido acordo, tras o cal o Secretario do Concello de Monforte emitiu o correspondente Informe Xurídico con data 24 de maio de 2019.

Finalmente, a Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 27 de maio 2019 acordou por unanimidade, visto o Informe do Secretario do Concello de data 24-05-2019 desestimar o recurso de reposición.

 

Xustificación da sentencia favorable ó Concello

A sentencia favorable ó Concello parte de que o contrato entre o Concello e Aqualia é “un contrato de concesión administrativo cuya finalidad es la prestación de un servicio público esencial (concertado en el año 2001 vigente la anterior normativa de contratación) como es el suministro y abastecimiento de agua, así como el saneamiento a los ciudadanos, por lo que la actividad de la administración en este ámbito local está guiada por el interés público y la correcta prestación de este servicio público esencial”.

A sentencia destaca que “En el presente caso, partimos de la Claridad del Pliego de condiciones para el abastecimiento de agua y saneamiento (“ley entre las partes”) para resolver la controversia que se centra en si es conforme a derecho la resolución de la Junta de Gobierno Local de Monforte por el que se acuerda “requerir a la empresa concesionaria del servicio de abastecimiento de agua AQUALIA FCC para que renueve la red de abastecimiento de agua antes de que el Concello proceda a renovar el firme de la calles Veiguiña, Ferrol y Santiago” confirmada tras el Informe jurídico del Secretario por resolución de fecha 27 de mayo de 2019”.

Neste senso, o Xulgado apoiase na literalidade das cláusulas establecidas no plego de condicións do contrato administrativo establecido entre ambas entidades no ano 2001, no que se especifica, no artigo 26.4 do citado Plego: “Las obras de mantenimiento y conservación de conducciones e instalaciones, así como las de renovación y/o sustitución de conducciones e instalaciones deterioradas o averiadas serán de cuenta del concesionario”.

O artigo 25 do Plego, en canto ó mantemento do servizo dispón que “Las obras e instalaciones que reciba el concesionario deben adecuarse en cada momento a las exigencias que implique la correcta prestación y gestión del servicio, corriendo a expensas del concesionario cuantos gastos se deriven de dicha adecuación”.

Neste senso, o Xulgado do Contencioso-Administrativo considera que os informes técnicos do Concello sobre as avarías recorrentes no abastecemento de auga das referidas rúas, “gozan de presunción de veracidade” polo que  determina que “no se admiten ninguna de las interpretaciones que realiza la concesionaria, dado que la literalidad y claridad del Pliego supone la obligación por parte de la mercantil concesionaria de asumir la renovación de la red de abastecimiento de agua en las calles en exclusiva por estar previsto en el contrato que la vincula”.

Por este motivo, a sentencia do Contencioso Administrativo nº 2 falla que “Que DEBO DESESTIMAR Y DESESTIMO el recurso contencioso administrativo interpuesto por la representación procesal de FCC AQUALIA SA, contra el acto administrativo que se ha descrito en el FUNDAMENTO DE DERECHO PRIMERO de esta Sentencia, el cual, en consecuencia, se declara ajustado al ordenamiento jurídico”.

Do mesmo xeito, tamén se impoñen as costas á empresa recorrente ata a cifra máxima de 800 euros, máis impostos.

 

O Alcalde, como xa ten demostrado, ten o firme compromiso de defender os intereses de todos os monfortinos e monfortinas con feitos palpables coma este, esixíndolle a Aqualia que cumpra coas súas responsabilidades, e tamén espera que remate favorablemente para o Concello a demanda de 3,7 millóns de euros en investimentos que se reclamaron recentemente a Aqualia.