O Alcalde de Monforte asume a presidencia da Red de Juderías de España, convertendo á cidade na primeira de Galicia en liderar esta entidade


O Alcalde de Lucena cede a presidencia da Red de Juderías a José Tomé

Monforte de Lemos, 14 de decembro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, é o novo presidente da Red de Juderías de España, convertendo así á  cidade na primeira de toda Galicia en poñerse á fronte desta entidade.

O rexedor monfortino recolleu hoxe o testigo da cidade de Lucena (Córdoba), durante o desenvolvemento da 61ª Asemblea xeral ordinaria da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, que se celebrou entre onte e hoxe en Toledo.

O Alcalde, que acudiu acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, foi o encargado de pechar esta 61ª asemblea e felicitou, na súa intervención, ó seu predecesor “en este puesto, el Alcalde de Lucena, y a todo su equipo, por su empeño, ilusión y trabajo constante a lo largo de este año 2022”.

José Tomé salientou o feito de que “la capitalidad de la Red de Juderías recaiga en Monforte de Lemos es para nosotros un reto enorme, pero que afrontamos con enorme ilusión y con muchas ganas. Hay mucho trabajo hecho, pero queda tambien mucho por hacer”. Tomé sinalou a importancia do traballo en rede para “potenciar las distintas acciones que desarrollamos” nun momento no que o interese polo pasado sefardí ten unha pegada no turismo cultural. “Existe una demanda creciente. A las oficinas de turismo llega cada vez más gente que pregunta por las juderías. En Monforte hemos tenido que ampliar las rutas. La gente quiere conocer el pasado y la cultura de esos otros pueblos que vivieron entre nosotros y nos han dejado su legado”.

O obxectivo marcado polo Alcalde coa presidencia da Red é “seguir poniendo en valor y difundir la riqueza patrimonial y cultural sefardí que albergamos en las 21 ciudades miembros de esta Red”. Tomé salientou que “el interés de nuevas ciudades por incorporarse a esta Red es prueba de que vamos bien”.

Na actualidade, a Red incluye as cidades de Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella-Lizarra, Hervás, Jaén, León, Lorca, Lucena, Monforte de Lemos, Plasencia, Ribadavia, Sagunto, Segovia, Tarazona, Toledo Tui y Tudela.

A presidencia de José Tomé durante o ano 2023 servirá para dar a coñecer e difundir o potencial turístico tanto de Monforte como da Ribeira Sacra. Neste senso, na súa intervención o Alcalde fixo un percorrido pola riqueza patrimonial, cultural, artística, gastronómica e paisaxística “de este trozo del paraíso del sur de la provincia de Lugo en el interior de Galicia”.

O rexedor aproveitou así para subliñar que “Monforte de Lemos y la Ribeira Sacra están de moda; somos uno de los principales destinos turísticos de Galicia, porque ofrecemos una oferta turística y cultural de calidad, sostenible, no masificada y de experiencias”. Por iso, convidou e animou ós membros da Red de Juderías a acudir á próxima asemblea xeral que se celebrará en Monforte, “porque no se van a sentir defraudados”.

E concluíu destacando o seu convencemento de que Monforte de Lemos “acoge la presidencia de la Red de Juderías en un momento óptimo de su historia reciente, y estoy seguro de que con el trabajo incansable que llevaremos a cabo y, sobre todo, gracias al apoyo y a la confianza de todos vosotros, seguiremos alcanzando todas las metas que nos propongamos, y seguiremos consolidando los sólidos cimientos de esta Red de Juderías, para así seguir poniendo en valor y reafirmando nuestro pasado judío común”.

 

61ª Asemblea da Red de Juderías de España


José Tomé coa embaixadora de Israel en España, Rodica Radian-Gordon

Durante a Asemblea, que se celebrou na Gran Sala de Oración da antiga Sinagoga de Samuel Leví, ubicada no Museo Sefardí de Toledo, traballouse en diferentes asuntos de interese, fundamentalmente o orzamento e os novos proxectos para o ano 2023, englobados tanto na área de Promoción Turística como nas áreas de Educación ou Cultura.

O encontro serviu para abordar novos retos para o período 2023-2025, a través de estratexias comúns de futuro, co obxectivo de acadar unha maior promoción das cidades da Rede nos mercados turísticos e culturais tanto nacionais como internacionais.

A estas estratexias sumouse o Concello de Monforte, que en verbas do seu Alcalde destacou que “é moi importante para todos os membros da Red incorporarse a novas iniciativas de turismo e promoción que se engadan ás xa existentes e consolidar estratexias comúns de actuación para difundir o pasado e patrimonio xudeus das cidades e atraer visitantes nacionais e internacionais”.

A alta participación nesta Asemblea, á que acudiron 19 das 21 cidades integrantes da Rede e pertencentes a 9 Comunidades Autónomas, e que contou coa presenza da embaixadora de Israel en España, Rodica Radian-Gordon, pon de manifesto o interese crecente que supoñen para estas cidades as diferentes propostas articuladas desde a Rede en torno á revalorización do patrimonio sefardí.

A celebración da Asemblea contou con diversas actividades, como unha visita guiada polo Toledo Xudeu, unha comida institucional, e un concerto a cargo do cuarteto de corda da Orquestra Filarmónica de Israel.

Dende hoxe, o Equipo de Goberno de Monforte xa traballa para asumir os retos e actividades que se desenvolverán ó longo do ano 2023, entre eles, acoller a celebración da Asemblea anual da Red de Juderías de España.