O Concello de Monforte conta dende hoxe cun Punto Violeta durante a celebración das Festas Patronais

Monforte de Lemos, 11 de agosto de 2022. O Concello de Monforte ven de ubicar un Punto Violeta na cidade que ten por obxectivo previr e atender a posibles vítimas de agresión sexistas durante o período de celebración das Festas Patronais.

Deste xeito, o Equipo de Goberno ubicou unha Caravana Morada, de atención e  concienciación contra as agresións sexistas, que estará atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero, e que está situada no entorno do Parque de los Condes ao lado da Pérgola e do BBVA e permanecerá do 11 ó 16 de agosto, durante a celebración das Festas. A caravana foi visitada hoxe pola Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

O horario da Caravana Morada será, de maneira ininterrompida, de 23:00 a 5:00 horas da madrugada.

A caravana morada informa, asesora e visibiliza o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero a través de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnicos de igualdade ofrecen este servizo itinerante que nace en para chegar a todos os concellos , mulleres e público en xeral.

Este punto morado ten un dobre compoñente: por unha banda, concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero ó público en xeral e por outro, a caravana morada presta o servizo de atención directa a mulleres dentro das festas en coordinación coas forzas de seguridade atendendo ás mulleres que así o demanden.

Os compoñentes da caravana morada está formado por dúas técnicas, unha psicóloga especializado en xénero e criminoloxía e unha traballadora social axente de igualdade. Ambas asisten e asesoran na caravana morada ás mulleres que así o necesiten e informan sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal, autonómico e nacional.

Esta actuación está financiada con cargo aos Fondos transferidos pola secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género para desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas as entidades locais no pacto de estado contra a vilencia de xénero para o exercicio 20/22.