O Concello inicia mañá o ciclo ”Monforte Fusión”, que levará diversas propostas musicais a distintos puntos da cidade

 

Monforte de Lemos, 17 de agosto de 2022. O Concello de Monforte acollerá dende mañá xoves 18 de agosto, a celebración do ciclo musical denominado Monforte Fusión, e que este ano é unha actividade novidosa dentro do programa do Verán Cultural do Concello.

O ciclo, organizado polo Equipo de Goberno e que conta coa Deputación de Lugo, suporá a celebración de actuacións musicais de fusión nos máis variados estilos e en diferentes zonas de Monforte. En concreto, recollerá propostas nas que a música lixeira, o jazz, o tango, o bolero, a bossa nova, o funky, o soft rock ou o swing serán os estilos protagonistas.

O Monforte Fusión terá lugar do 18 ó 20 de agosto, e os espazos que o acollerán serán a Praza de Abastos, a praza de Doutor Goyanes, a rúa do Cardenal, a praza dos Chaos, o Barrio da Estación, a Compañía e a Praza de España. Todas as actuacións serán con entrada gratuíta e dirixidas a todos os públicos.

 

Programa de actuacións

Xoves 18 de agosto:

12:30 h.- Praza De Abastos:  Lena Álvarez: Pianista solista que interpretará pezas de música lixeira, clásicos e modernos, así coma improvisación.

19:30 h.- Praza Doutor Goyanes:  Acuarel -Rubén Reinaldo E Kely García: Dúo de Guitarras, interpretando temas de Jazz-Fusión.

 

Venres 19 de agosto:

12:30 h.- Rúa do Cardeal: Manuel S. Arroyo: Pianista solista que interpretará pezas de música lixeira, clásicos e modernos, así coma improvisación.

19:30 h.- Praza dos Chaos: Lorena Do Val & Gonzalo Herrero: Dúo de contrabaixo e voz, que traerán músicas do mundo, en concreto, pezas de tango, bolero, bossa nova, jazz e música galega.

22:00 h.- Barrio da Estación: Diana Tarín Trío: interpretará música latina en xeral, e en concreto, música cubana.

 

Sábado 20 de agosto:

12:30 h.- Zona da Compañía: Abya Yala Ensemble: Cuarteto que ofrecerá música latinoamericana de todo o continente, fusionada con funk e soft rock.

19:00 h.- Praza de España: Javier Constenla: ofrecerá unha masterclass.

19:30 h.- Praza de España: Javier Constenla & Pilar Martínez: Dúo de piano e voz. Interpretarán pezas de swing e jazz

22:30 h.- Praza de España: Kin García Trío: traerán a Monforte swing, jazz e fusión.