O Alcalde anuncia a celebración do “Mercado para a Medieval” os días 25 e 26 de marzo

-O fin de semana do 25 e 26 de marzo de 2023, o Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do "Mercado para a Medieval" no recinto expositivo da Praza de Abastos.

-Previo ao acto inaugural, ás 11 h da mañá, José Tomé Roca, dará a coñecer o programa oficial de actividades da 19ª edición da Feira Medieval, que se celebrará os días 8 e 9 de abril de 2023.

-“Coa celebración deste certame buscamos potenciar e promocionar a Feira Medieval, un evento turístico que trae unha gran afluencia de público e visitantes a Monforte durante a fin de semana da Semana Santa”, salienta o rexedor municipal.

-O Mercado para a Medieval contará con 16 stands que ofrecerán todo tipo de produtos e servizos para preparar axeitadamente a participación da Feira, como traxes, complementos, artesanía, ideas decorativas, maquillaxe, gastronomía, etc.

-O sábado 25 o “Mercado para a Medieval” abrirá de 11 a 14 horas, e de 17 a 21 horas. E o domingo 26, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas da tarde.

Monforte de Lemos, 19 de marzo de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará o sábado 25 de marzo ás 11 horas o “Mercado para a Medieval” na zona dos mercados da Praza de  Abastos de Monforte, “un certame co que buscamos potenciar e promocionar a Feira Medieval, un evento turístico que trae unha gran afluencia de público e visitantes a Monforte durante a fin de semana da Semana Santa”. Este ano 2023, a Feira Medieval alcanza a súa 19ª edición que se celebrará durante a fin de semana do 8 e 9 de abril.

Antes da inauguración oficial, no mesmo espazo da Praza de Abastos, o Alcalde ofrecerá ás 11 horas unha rolda de prensa ós medios de comunicación para presentar o programa oficial de actividades da Feira Medieval.

Mercado para a Feira Medieval 2023

O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira polo que poderemos atopar 16 stands nos que haberá traxes medievais feitos a man para adultos e nenos, bisutería e orfebrería como complementos para estes traxes, cosmética e remedios naturais, peluquería e maquillaxe, decoración de mesas de terrazas para hostaleira e hotelería así como decoración de mesas de comedor e centros florais elaborados por floristerías da cidade así como centros artesanais elaborados con vexetais.

A proxección do vídeo “El Buen Yantar,” dará a coñecer a proposta culinaria dos diferentes restaurantes da cidade para esta Feira.

Este ano tamén participarán  pastelerías e panaderías locais cunha exposición de doces, pasteis, biscoitos e tartas inspirados no Medievo e celebrarase o concurso  “A polo mellor doce…”  onde os visitantes podrán votar para elixir o gañador do mellor doce dentre os expostos.

O sábado día 25 organizarase o desfile de Traxes Medievais e Complementos que terá lugar  ás 18:30h. dentro do recinto expositivo do Mercado.

O domingo ofertaranse os Talleres Infantís para os máis pequenos, ás 12:30 taller de animación e ás 17:30 O Carballo con Botas. Os talleres son gratuítos e admítese un máximo de 20 nenos en cada un deles. O mesmo día do Mercado os interesados poden apuntarse aos diferentes talleres dirixíndose ao persoal do stand de recepción.

O horario do Mercado para a Medieval 2023 será o seguinte:

Sábado día 25 de marzo de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 21:00h.

Domingo día 26 de marzo de 11:00h. a 14:00h y de 17:00h  19:00h.

Nesta edición o horario do Mercado ampliarase ata a tarde do domingo, ante o éxito de edicións anteriores.