O Alcalde informa da apertura do prazo para solicitar as axudas a libros e material escolar, que o Concello incrementou ata os 25.000€

O Alcalde informa da apertura do prazo para solicitar as axudas par libros e material escolar, que o Concello incrementou ata os 25.000€

-Trala publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo das bases e a convocatoria destas “Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario curso 2023/2024 do Concello de Monforte”, o prazo para solicitar as mesmas permanecerá aberto ata o luns 26 de xuño.

-O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “o Concello destina 25.000 euros para estas axudas,  despois de aumentar a cantidade de 5.000 euros máis o pasado ano, co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenta dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto desta axuda”.

Monforte de Lemos, 5 de xuño de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que trala publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo das bases e a convocatoria das o Concello destina 25.000 euros para estas axudas,  despois de aumentar a cantidade de 5.000 euros máis o pasado ano para o curso 2023/2024 do Concello de Monforte de Lemos, todos os interesados en solicitalas, están en disposición de poder facelo.

Para o financiamento destas subvencións, dende o Concello destínase un crédito máximo de 25.000 euros, despois de aumentar 5.000 euros máis o pasado ano 2022 para este concepto, co obxectivo de apoiar ás familias con menor renda per cápita do municipio de Monforte que presenten dificultades económicas para afrontar o gasto que supón o obxecto desta axuda,  destaca o Alcalde.

Deste xeito, xa se poden solicitar estas axudas, para o cal os e as interesadas terán de prazo ata o luns 26 de xuño (20 días hábiles). A solicitude formalizarase a través do correspondente formulario normalizado, que terá que ir acompañado da documentación complementaria que requiren as bases. Toda a documentación requirida poderá ser presentada no Rexistro dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos emprazado na secretaría do Centro Cívico Social, no Paseo do Malecón s/n, no Rexistro Xeral do Concello, no Campo de San Antonio s/n, ou a través da Sede Electrónica municipal (www.sede.monfortedelemos.es).

Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado no Concello de Monforte e escolarizado para o curso 2023/2024 en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nalgún dos centros docentes públicos ou concertados existentes no municipio.

Para ser beneficiario/a desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes:

  1. Ser pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e custodia do alumno/a que no ano escolar da convocatoria correspondente vaian a cursar estudos nas etapas educativas de ensinanza indicadas nesta convocatoria, en calquera centro docente, público ou concertado, do Concello de Monforte de Lemos.
  2. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 60% IPREM mensual para o ano 2023 (360€/mes) en cómputo anual 12 pagas (4.320 € ano por persoa). Para determinar a renda per cápita tomarase a renda da unidade familiar e dividirase polo número de membros da dita unidade  como a continuación se especifica:

Nº membros unidade familiar

Ingresos netos mensuais

Ingresos anuais

2

720

8.640

3

1.080

12.960

4

1.440

17.280

5

1.800

21.600

 

 

 

 

 

 

 

 

            Non se computarán os ingresos seguintes:

  • Prestación familiar por fillo menor a cargo da Seguridade social con discapacidade superior ao 33%.
  • Complemento de axuda á infancia do ingreso mínimo vital.
  • Prestacións económicas en aplicación da lei de dependencia.
  • A axuda económica para vítimas de violencia de xénero regulada no RD 1452/2005, de 2 de decembro.
  1. Que a persoa solicitante así como os e as menores beneficiarios da mesma, se atopen empadroados e residan efectivamente no Concello de Monforte de Lemos no momento de presentación da solicitude.
  2. Que a persoa solicitante estea  ó día no pago das obrigas tributarias municipais ou no caso de ter débedas que exista compromiso de pagamento.
  3. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

A contía máxima das axudas é a seguinte:

  • 150 € para Educación Infantil por cada alumno/a.
  • 100 € para Educación Primaria e por cada alumno/a.
  • 120€ para Educación Secundaria Obrigatoria por alumno/a.
  • 150€ para alumnado matriculado nun centro de educación especial ou en unidades de educación especial de centros ordinarios ou cunha discapacidade superior ou igual ó 65% .

Renda per cápita

Ós efectos destas bases reguladoras, enténdese por renda per cápita familiar a resultante de dividir a renda da unidade familiar do exercizo fiscal 2021  entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade superior ou igual ó 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade social por incapacidade permanente ou a equivalente en clases pasivas.

A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentasen a declaración do imposto sobre a renda de 2021, para os efectos dos cálculo da renda familiar sumarán os recadros base impoñible xeral (recadro 460) e a base impoñible de aforro(recadro 435) da declaración.

No caso de non presentar declaración do imposto sobre a renda de 2021 teranse en conta os ingresos netos mensuais de todos os membros computables da unidade familiar segundo o establecido na base 8ª.

Non obstante, cando as circunstancias económicas actuais non sexan coincidentes coa contía do IRPF no momento da solicitude da axuda, teranse en conta estas últimas, sempre que se xustifiquen documentalmente e conste no expediente os motivos da variación (Anexo III), tanto para o cálculo da renda per cápita como para a aplicación do baremo, segundo o establecido na base 8ª.

Na páxina web do Concello, na sección de Axudas, está toda a documentación dispoñible para formalizar a solicitude desta subvención municipal:

RESUMEN CONVOCATORIA BECAS

Publicación no BOP