O Concello informa dun corte na rede de abastecemento de auga o día 6 de xuño en varias rúas da cidade

O Concello informa dun corte na rede de abastecemento de auga o día 6 de xuño en varias rúas da cidade.

Monforte de Lemos, 5 de xuño de 2023. O Concello de Monforte informa que este martes 6 de xuño, levarase a cabo un corte no subministro de auga co fin de executar as accións necesarias para conectar a tubería de desdobramento da rede de distribución de Monforte de Lemos, actualmente en construción, coa rede de abastecemento da Rúa Leopoldo Calvo Sotelo.

Para acometer os traballos anunciados, resulta preciso realizar un corte na rede de abastecemento municipal o día martes 6 de xuño entre as 9:00 e as 13:00 h, véndose afectadas as rúas seguintes:

  • Rúa San Pedro, margen par.
  • Rúa Zapardiel, ambos márgenes.
  • Rúa Avelino Cachafeiro, ambos márgenes.
  • Rúa Leopoldo Calvo Sotelo, margen impar.
  • Rúa Benito Vicetto, ambos márgenes.

A conexión realizarase na intersección entre as Rúa Curros Enríquez e a Rúa Leopoldo Calvo Sotelo.

O Alcalde, José Tomé salientou que estes traballos son necesarios para a execución das obras que se están a facer de desdobramento da rede de abastecemento de auga  e engadiu que se está a facer un gran esforzo e unha gran inversión na mellora da rede xeral de abastecemento de Monforte e que o Equipo de Goberno segue a traballar continuamente para mellorar o subministro de auga na Cidade. Tamén quere aproveitar para agradecer unha vez mais, a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos de mellora están a ocasionar.