O Alcalde presenta o programa musical das Festas Patronais 2025 de Monforte

Monforte de Lemos, 7 de xuño de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada e a Concelleira de Cultura, Marina Douton, deu a coñecer hoxe mediante rolda de prensa o programa de Concertos Musicais das Festas Patronais, que se van celebrar do 11 ao 16 de agosto de 2025.  

Tal e como explicou o rexedor monfortino, “esta programación responde ó formato de Festas que vimos facendo dende que chegamos ao goberno municipal, centradas en ofrecer ós monfortinos e ás persoas que nos visiten unha ampla variedade musical e artística, para dar satisfacción a públicos moi diferentes tanto en idades como en gustos musicais, e que, as Festas de Monforte téñense convertido nun referente en Galicia, e por iso queremos seguir por este camiño de éxito para as nosas Festas”.

Programa musical das Festas Patronais de Monforte 2025

O Alcalde, na súa intervención, aproveitou para explicar que haberá 6 concertos principais, todos eles acompañados de orquestras que farán un previo e un posterior peche das actuacións tratando de que o horario musical con carácter xeral, se inicie ás 10:30-11:00 da noite e o remate entorno ás 4 da madrugada.  

O programa completo de actuacións musicais é o seguinte:

-Luns día 11 de agosto, despois do pregón:

  • A RODA, que leva case medio século de vida adicada a promover e difundir a cultura galega, para abrir boca cun concerto de moita calidade.

Actuará na Praza de España despois do pregón.         

-Martes día 12 de agosto:

  • ORQUESTRA PANORAMA: Iniciará a súa actuación ás 12 da noite ata as 2:00 para volver nun 2º pase ás 3:30 ata as 4:30 da madrugada.
  • GRUPO AMÉRICA DE VIGO: Este grupo compartirá a velada musical deste día iniciando ás 22:30 a súa actuación e rematará o 1º pase ás 12 da noite, volvendo a actuar tras o primeiro pase da Orquestra Panorama, de 2:00 a 3:30 horas. Neste caso, o Alcalde recordou “que este grupo musical xa leva vindo a Monforte en varias edicións das Festas Patronais e sempre deixa unha excelente impresión, polo que, non me cabe dúbida, que con estas actuacións a Explanada quedarase pequena como ven ocorrendo nos últimos anos”.

-Mércores día 13 de agosto:

  • COQUE MALLA: O concerto central deste día 13 correrá a cargo do carismático artista Coque Malla, un dos grandes nomes do pop-rock español das últimas décadas.

O seu concerto comezará ás 12 da noite e rematará á 1:30 da madrugada.

  • ORQUESTRA GALILEA: Complementando o concerto principal actuará a Orquestra Galilea, en dous pases, un entre as 23:00 e as 12:00 da noite, e o segundo de 1:30 a 3:30 da madrugada.

-Xoves día 14 de agosto:

  • DORIAN: O concerto principal deste día 14 será o do artista Dorian, considerado un dos referentes indiscutibles do pop electrónico e indie nacional. A súa actuación dará comezo ás 12 da noite e rematará á 1:30 da madrugada.
  •  
  • Acompañando esa noite a Dorian, estarán dous grupos monfortinos, GIN TONI’S, e MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES. “Deste xeito, dende o Concello, un ano máis continuamos apostando con firmeza, dentro da programación das Festas Patronais, polo talento local, con dous grupos monfortinos que son dos máis destacados do noso Concello” salientou José Tomé.

-MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES actuarán de 22:30 a 12 da noite, antes de Dorian.

-GIN TONI’S actuarán despois do concerto principal, de 1:30 a 3:30 horas.

 -Venres día 15 de agosto:

  • ABRAHAM MATEO O día grande das Festas Patronais actuarán como concerto principal Abraham Mateo, unha estrela consagrada do pop latino e urbano.

 Actuará entre as 12:30,  despois dos fogos artificiais no Castelo de S. Vicente, e as 2 da madrugada.

  • ORQUESTRA SUAVECITO: Acompañando o concerto principal do día da Patroa, esta orquestra actuará en  2 pases, comezando o 1º entre as 23:00 e as 12 da noite, e o 2º de 2:00 a 4:00 da madrugada.

-Sábado día 16 de agosto:

  • NIL MOLINER: O derradeiro día das festas actuará un dos grandes fenómenos musicais dos últimos anos no noso país, Nil Moliner.

Actuará despois dos Fogos do Río, empezando ás 12:30 da noite e finalizando ás 2 da madrugada.

  • ORQUESTA SALSARENA: Para complementar o concerto de Nil Moliner, actuará esta orquestra en 2 pases, dende as 23:00 ata as 12 da noite e dende as 2:00 ás 4:00 da madrugada.

Datos destacados das actuacións principais

A RODA:

O grupo “A Roda” é unha formación de música tradicional con preto de 50 anos de traxectoria. Un expoñente da música popular en Galicia, coñecido e louvado,  adicado a promover e difundir a cultura galega, o noso patrimonio inmaterial, a través da música de raíz.

A día de hoxe “A Roda” está composta por cinco músicos que traballan, tal e como eles mesmos explican, por espallar a cultura de carácter popular-oral, o cancioneiro que xa forma parte do imaxinario dos galegos e galegas.

ORQUESTRA PANORAMA:

Fundada en 1988, é considerada socialmente unha das mellores orquestras de todo o país dentro do mundo do espectáculo e da verbena.

Auténticos ídolos en Galicia, son capaces de congregar a miles de persoas nas súas actuacións, ofrecendo un espectáculo audiovisual de primeiro nivel. Son sinónimo de espectáculo, tecnoloxía escénica e unha enerxía que arrastra a miles de seguidores en cada actuación.

COQUE MALLA:

•   Spotify:  Mais de 500.000 oíntes mensuais.

COQUE MALLA forma parte da historia musical do noso país, tanto pola súa consolidada carreira en solitario, como pola súa etapa cos Ronaldos.

O seu repertorio está cargado de calidade e elegancia, e o seu directo garante unha noite de emocións, calidade e rock con maiúsculas.

Este ano ademais, está celebrando catro décadas sobre os escenarios, cunha xira moi especial “40 Aniversario Tour” que percorre a súa traxectoria, prometendo unha noite máxica. 

DORIAN:

•   Spotify: Mais de 1.150.000 oíntes mensuais

DORIAN está considerado un dos referentes indiscutibles do pop electrónico e indie nacional, co seu inconfundible estilo que mistura o urbano e o emocional e coa súa nova xira centrada no seu último traballo “Futuros Imposibles”.

Con unha coidadísima produción e unha potente estética, Dorian aporta ás festas unha noite contemporánea, creativa e profundamente conectada coas novas xeracións.

ABRAHAN MATEO:

•   Spotify: Mais de 4.000.000 oíntes mensuais.

•   Instagram: Mais de 3.000.000 seguidores.

Abraham Mateo é unha estrela consagrada do pop latino e urbano. Un dos artistas españois, sen dúbida, con maior proxección internacional da última década.

Dende os seus inicios como neno prodixio ata a súa madurez artística actual, Abraham colaborou con Jennifer López, 50 Cent, CNCO, Yandel ou Ana Mena.

Este artista gaditano, ofrece un espectáculo de gran produción e enerxía contaxiosa que atraerá ás novas xeracións e marcará un dos momentos mais esperados das nosas Festas.

NIL MOLINER

•   Spotify: Mais de 2.000.000 oíntes mensuais

Nil Moliner, é un artista que transmite optimismo, proximidade e boa música en cada actuación, con un estilo que conecta con todos os públicos e que volve neste 2025, coa súa exitosa xira “Lugar Paraiso”, que está tendo un enorme éxito en toda España.

O Alcalde concluíu destacando que “dende o Equipo de Goberno, consideramos que é unha programación moi axeitada con concertos de primeiro nivel para seguir mantendo as Festas Patronais de Monforte como un dos referentes de Galicia, esperando que sexan moitos os galegos e galegas que nos visiten atraídos pola calidade dos concertos de Monforte”.