Monforte de Lemos, 16 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presidiu hoxe pola mañá a entrega de trofeos do Torneo de fútbol xuvenil XX Memorial Jacobo Díaz Camino.
Na entrega de trofeos ós 4 equipos participantes, o Alcalde estivo acompañado polo pai de Jacobo, Luis Díaz, e polo Presidente do Club Calasancio de Monforte de Lemos, Juan Carlos Díaz.
O torneo, contou coa participación do C.P. Calasancio de Monforte, o Deportivo de La Coruña, o Ourense Club de Fútbol e a S.D. Ponferradina de Ponferrada.
Na primeira semifinal que se disputou entre o C.P. Calasancio e o Deportivo de la Coruña impúxose o Deportivo a penaltis e na segunda semifinal na que se enfrentaron a S.D. Ponferradina e o Ourense Club de Fútbol, impúxose o Ourense Club de Fútbol.
Na final disputada entre o Deportivo de la Coruña e o Ourense Club de Fútbol, finalmente resultou vencedor o Deportivo na tanda de penaltis.
O Torneo conta coa colaboración do Concello de Monforte e da Deputación de Lugo.