Monforte de Lemos, 7 de outubro de 2025. O Concello de Monforte informa de que o día 31 de outubro finalizará o prazo para que os usuarios da televisión dixital terrestre (TDT) soliciten á entidade Llega700 actuacións gratuítas diante das posibles afectacións ocasionadas polo nodos 4G e 5G. Desde o Concello lémbrase que tralo inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) no municipio por parte das operadores de comunicacións electrónicas móbiles, existe a posibilidade de que algúns usuarios de TDT teñan problemas na recepción.
Segundo a Orde Ministerial que regula este proceso, para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade Llega700 encárgase de realizar as actuacións técnicas necesarias para resolver incidencias na recepción da televisión dixital terrestre dos usuarios, sen coste para os cidadáns. Este servizo ten carácter gratuíto nos seis meses posteriores á data de posta en funcionamento das estacións de telefonía móbil e dito prazo, informan desde a entidade, finaliza o vindeiro 31 de outubro.
Para xestionar estes servizos está a disposición dos cidadáns un servizo telefónico gratuíto co número 900 833 999.
Despregue de 4G e 5G
O despregue enmárcase no disposto no Real decreto 579/2019, do 11 de outubro, polo que se liberaron as frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles UHF 49 a 60) que ata entón se utilizaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, un proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, estas frecuencias foron asignadas aos operadores de telefonía móbil para que presten os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.
Llega700 é a entidade constituída polos operadores para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa TDT e solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.