Monforte de Lemos, 14 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada, asistiron na tarde deste sábado á misa funeral conxunta en lembranza dos párrocos Ángel Vega González, Leopoldo Sanmartín e Ramón Jacobo, sacerdotes moi queridos en Monforte de Lemos e a súa contorna. A Eucaristía tivo lugar na igrexa de Nosa Señora da Antiga, no Colexio dos Escolapios de Monforte, ás 19.00 horas.
Ángel Vega González, vinculado sobre todo a parroquias de Pantón e Sober, faleceu o 18 de xaneiro, aos 97 años, e foi enterrado no cemiterio de Liñares, A Pobra de Brollón, de onde era natural.
Leopoldo Sanmartín faleceu o pasado 1 de febreiro, aos 88 años de idade, e recibiu sepultura no cemiterio municipal de Monforte, no panteón familiar. Foi cura de sete parroquias nos concellos de Sarria e Láncara.
A misa conxunta lembrou tamén ao sacerdote Ramón Jacobo, falecido en xuño de 2017, e tamén moi vinculado a Monforte e a Diócese de Lugo, aínda que desenvolveu gran parte da súa actividade como misioneiro na República Dominicana.