Monforte de Lemos, 21 de xuño de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega das medallas correspondentes á VII Gala de Ximnasia Rítmica celebrada esta mañá.
Esta gala foi organizada polo Club Rítmica Kendra, en colaboración co Concello de Monforte, e celebrouse no Pavillón Polideportivo de A Pinguela, que estaba ateigado de familiares e amigos das participantes, que animaron con entusiasmo as coreografías preparadas para a ocasión polos rapaces e rapazas con idades de entre 2 e 15 anos.
O encontro contou coa participación de arredor de 150 ximnastas, a maioría monfortinas, pero tamén doutras localidades da comarca de Lemos.