Actualidade
O Concello pon en marcha a campaña "Para non volver ás fases, non desfases"
Entre as funcións do Concello de Monforte de Lemos atópase a de velar polo benestar tanto de quen viven na cidade como dos seus visitantes. Para a nosa cidade o lecer é unha das claves da súa prosperidade. Facilitar tempos e espazos de esparcimento e que poidan desenvolverse de forma segura e saudable, forma parte deste cometido.
Os propietarios/as dos establecementos de hostelería, están contribuíndo a que Monforte sexa percibido como unha cidade amable e un bo lugar para gozar do tempo de lecer. Guiados por esta preocupación, a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte decidiu elaborar uns carteis lembrando aos clientes o perigo do contaxio se non se toman as medidas adecuadas, así como o recordatorio permanente de non proporcionar alcol a menores, para o que a súa implicación é esencial.
Este programa solicita a súa cooperación na prevención do uso inadecuado do alcol e unha adecuada xestión dos ricos do seu consumo, que sempre son perigosos e máis na situación actual na que nos atopamos.
Para iso, dende o Concello de Monforte e a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD), ven de poñerse en marcha a campaña: "Para non volver ás fases, non desfases", campaña que ten como obxectivo alertar á sociedade dos riscos de que os adolescentes se excedan ou inicien no consumo de alcol, cos riscos engadidos do repunte de contaxios da Covid-19 que estamos a vivir actualmente.
A campaña advirte do perigo destes «desfases» pois existe un alto risco de que os mozos protagonicen reaccións compensatorias como resposta á tensión e angustia sostida que padeceron nos últimos meses e o perigo inherente de transmitir a Covid-19 nos botellóns. O maior risco é querer recuperar o tempo perdido, celebrando festas alternativas ás que non se tiveron ou que non se van a ter e en celebracións entre amigos como son, por exemplo, os botellóns.
Así mesmo, o recordatorio é para a poboación xeral para lembrar a necesidade de cumprir as normas establecidas para evitar os repuntes da pandemia que aínda estamos a sufrir.
E como desexamos que non sexa Monforte o único concello que coide o benestar dos seus veciños ampliamos tamén a campaña a os establecementos da zona socios da Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), á que agradecemos a súa colaboración desinteresada que recibimos sempre.
Con este obxectivo , dende a UAD facilitóuselles un cartel informativo recordatorio desta campaña para que o coloquen en lugar visible. Dende aquí queremos agradecerlles a súa imprescindible colaboración a todos os establecimentos hosteleros que participan nesta campaña.
Para máis información:
Unidade Asistencia de Drogodependencias
Servicio de Prevención
Praza da Estación - 17
27400 – Monforte de Lemos
Tlf. 982 400 495
e-mail: uad@concellodemonforte.com
Séguenos en FACEBOOK
Boletín Familiar Xuño 2020
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. (Xuño 2020)
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
"Emocións e Sentimentos"
Durante todos estes días estivemos con moitos sentimentos e emocións diferentes, pero o coronavirus fixonos máis fortes.
Esta crise será historia, como todas. Virán outras, novos problemas, e iso significa que estamos vivos. Se fomos conscientes do proceso e aprendemos como persoas e como sociedade, valería a pena, a pesar das numerosas perdas que tivésemos no camiño.
Diferenciar entre sentimentos e emocións quizais nos sirva para entender moitos dos estados de ánimo polos que pasamos estes días. Aprender a xestionar as nosas emocións, vai ser fundamental para que podamos levar unha vida equilibrada e feliz e esta situación extraordinaria que vivimos fíxonos reflexionar en gran medida sobre o que realmente ten valor.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Reanudamos o noso horario habitual con Cita Previa
Postal de Nadal 2019
Boletín Familiar Nadal 2019
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. (Nadal 2019)
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
“Podo axudar aos meus fillos para divertirse na rede?”
Os programas de prevención diríxense a reducir os chamados factores de risco que favorecen o uso e abuso de drogas e fomentar os de protección, é dicir, aqueles que reducen a posibilidade de que o consumo apareza ou de que se converta nunha conduta problemática.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
1 de Decembro, Día Mundial da SIDA
1 de DECEMBRO
Día Mundial da Sida
O lema do Día Mundial da Sida de 2019 é:
“As comunidades marcan a diferenza”
O Día Mundial da SIDA, conmemorado anualmente o 1º de decembro, é unha oportunidade para celebrar e apoiar os esforzos mundiais para previr novas infeccións polo VIH, ampliar a concientización e os coñecementos sobre ese virus e apoiar ás persoas seropositivas.
Desde que se comezou a observar o Día Mundial da SIDA hai máis de 30 anos, o progreso en materia de prevención e tratamento da infección polo VIH foi extraordinario. Hai medicamentos para combatela que axudan ás persoas seropositivas a ter unha vida longa e saudable e previr a transmisión do virus, pero hai que lembrar que aínda non existe vacina nin medicación que cure totalmente a enfermidade.
La celebración del Día Mundial del Sida brinda una oportunidad importante para reconocer el papel fundamental que las comunidades han desempeñado y continúan desempeñando en la respuesta al sida a nivel local, nacional e internacional.
As comunidades contribúen á resposta á sida de maneiras moi distintas. O seu liderado e a defensa que levan a cabo permiten garantir que a resposta siga sendo relevante e fundada, que as persoas sigan estando no centro e que ninguén quede detrás. Nestas comunidades intégranse os educadores de iguais, as redes de persoas que viven co VIH ou están afectadas polo virus, como os gais e outros homes que teñen relacións sexuais con homes, as persoas que se inxectan drogas e os traballadores sexuais, as mulleres e a xente nova, os asesores, os traballadores sanitarios da comunidade, os provedores de servizos de porta a porta, as organizacións da sociedade civil e os activistas populares.(ONUSIDA)
Na UAD de Monforte seguimos a traballar para ofrecerlle os usuarios e a poboación xeral da Comarca de Lemos e arredores a mellor oferta asistencial. Dentro da nosa carteira de servizos adheríndonos o Proxecto de detección precoz do VIH mediante a realización de test rápidos en fluido oral. As probas realzanse de xeito totalmente anónimo e gratuito, e coa garantía de ser atendido e asesorado por profesionais expertos.
Quen debería realizar esta proba?
Todas aquelas persoas que tiveran prácticas de risco para contraer o VIH como poden ser:
- Os homes que teñen sexo con homes e que non usaron preservativo.
- As persoas heterosexuais que teñen múltiples parellas sexuais e non usaron preservativo.
- As persoas que exercen a prostitución e os seus clientes se non usaron preservativo.
- As persoas que compartiron xiringas e outros materiais para inxectarse drogas.
Máis información sobre esta proba no seguinte enlace:
http://www.sergas.es/Saude-publica/Programa-da-proba-rapida-de-VIH?idioma=es
Campaña Verán 2019
Entre as funcións do Concello de Monforte de Lemos atópase a de velar polo benestar tanto de quen viven na cidade como dos seus visitantes. Para a nosa cidade o lecer é unha das claves da súa prosperidade. Facilitar tempos e espazos de esparcimento e que poidan desenvolverse de forma segura e saudable, forma parte deste cometido.
Os propietarios/as dos establecementos de hostelería, están contribuíndo a que Monforte sexa percibido como unha cidade amable e un bo lugar para gozar do tempo de lecer. Guiados por esta preocupación, a Unidade Asistencial de Drogodependencias deste Concello decidiu elaborar uns carteis recordando aos clientes que os establecementos non van facilitar o consumo de alcohol e tabaco a menores.
Este programa trata de implicar aos empresarios da hostelería na prevención do uso inadecuado do alcohol e unha adecuada xestión dos riscos do seu consumo.
E como desexamos que non sexa Monforte o único concello que coide o benestar dos seus veciños ampliamos tamén a campaña a os establecementos da zona socios da Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), á que agradecemos a súa colaboración desinteresada que recibimos sempre.
Con este obxectivo a UAD facilitoulles un cartel informativo recordatorio desta campaña para que o coloquen en lugar visible.
Dende aquí queremos agradecerlles a súa imprescindible colaboración a todos os establecimentos hosteleros que participan nesta campaña.
Para máis información:
Luisa Astray García (Educadora Social)
SERVIZO DE PREVENCIÓN
UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
Otero Pedrayo s/s
27400 – MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 400 495
Proyecto ÉVICT, PORROENCUESTA
O “Proxecto *ÉVICT, Grupo de traballo para o estudo e abordaxe de políticas de control do policonsumo de cannabis e tabaco en España", http://evictproject.org/ ten como obxectivo profundizar e difundir á sociedade o coñecemento sobre o policonsumo CANNABIS TABACO nos PORROS. Para o estudo deste consumo DUAL deseñamos a PORROENCUESTA 2019, cuxo obxectivo é coñecer distintos aspectos relacionados co consumo de CANNABIS e TABACO (como se consome ou que efectos búscanse e finalmente experiméntanse).
A enquisa está dirixida a diferentes ámbitos sociais e grupos de idade. A persoa participante non atopará posicionamentos ideolóxicos, nin preguntas incómodas ou estigmatizadoras. O noso propósito é coñecer, e desenvolver desde ÉVICT un debate construtivo que mellore as políticas públicas de prevención, redución de danos e tratamento destas substancias. Tal como se informa nas “Condicións de Privacidade”, trátase dunha enquisa voluntaria e anónima (ou confidencial se se decide cumprimentala cun profesional).
Co fin de conseguir o maior número de enquisas posibles, gustaríanos que desde a túa asociación/colectivo/grupo nos apoiases nesta iniciativa contribuíndo á súa máxima difusión, facilitando a distribución entre os seus membros. Pódese acceder á PORROENCUESTA a través de http://porroencuesta.evictproject.org/
Enchela non levará máis de 8-10 minutos. Tamén esperamos que as OPCIÓNS que ofrecemos ao finalizar a PORROENCUESTA (imprimir a mesma, o acceso a infografías, puntos de información e asesoramento) sexan de interese e utilidade. Respecto a os puntos de información e asesoramento, se desexas que se inclúa o da túa entidade, podes remitirnos a este mesmo correo os datos da entidade e o link de acceso web.
¿Dudas? Pregunta e infórmate
Neste número de WhatsApp poderedes realizar todas as consultas que desexedes: 604 05 97 19