
Monforte de Lemos, 3 de setembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do programa de actividades do novo curso das Escolas Deportivas Municipais que o Concello desenvolverá entre os meses de outubro de 2026 e maio de 2027.
Nesta nova edición, o Concello oferta un total de 8 actividades, con 283 prazas dispoñibles, que se dividen en modalidades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e adultos (a partir de 16 anos):
Actividades para nenos e nenas:
- Golf
- Pádel
- Kung Fu
- Zumba infantil
Actividades para adultos:
- Ximnasia de mantemento
- Tai Chi
- Ioga
- Zumba
8 meses lectivos e un custe de 92,70€ por persoa e actividade
A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2026 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2027, completando así un total de 8 meses lectivos.
O custe por modalidade e participante é de 92,70€ por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.
Prazo e inscrición
Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poderano facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.
O prazo de solicitudes estará aberto entre o 7 de setembro ás 9:00 h. e o 18 de setembro ás 23:59 h. O 23 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. Dita lista confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes.
As persoas interesadas poderán solicitar 1 actividade, tanto nas modalidades de nenos e nenas como nas modalidades de persoas adultas.
Se unha vez finalizado o prazo de inscrición quedaran prazas vacantes, aquelas persoas que estean inscritas nalgunha actividade poderán inscribirse tamén nas modalidades nas que queden prazas libres.
Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.
O número total de prazas ofertadas dentro do programa das Escolas Deportivas municipais é de 283 repartidas do seguinte xeito:
Actividades para nenos e nenas:
- Golf: 18 prazas
- Pádel: 30 prazas
- Kung Fu: 15 prazas
- Zumba infantil: 20 prazas
Actividades para adultos:
- Ximnasia de mantemento: 80 prazas
- Tai Chi: 40 prazas
- Ioga: 60 prazas
- Zumba: 20 prazas
A documentación a presentar é a seguinte:
- Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
- Fotocopia do DNI do solicitante
- No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
- Certificado de titularidade de conta bancaria, no caso de que o modelo de solicitude non estea asinado pola entidade bancaria no espazo correspondente.
Requisitos para participar nas Escolas Deportivas Municipais:
- Para participar en escolas de nenos e nenas, ter entre 6 e 15 anos de idade.
- Para participar en escolas de persoas adultas, ter 16 anos ou máis.
- Estar empadroado ou empadroada no Concello de Monforte
- Aceptar e cumprir as condicións establecidas para a actividade.
- Non ter impedimentos para a práctica deportiva e asumir os riscos da mesma.
ACTIVIDADES NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL CURSO 2026 – 2027
Na piscina climatizada municipal tamén se van a ofertar un número importante de cursos e actividades. En total 264 prazas repartidas en 26 grupos. Os cursos organízanse en tres trimestres e darán comezo a principios de outubro:
|
CURSO |
INICIO CURSO |
FIN CURSO |
DIAS |
|
INFANTIL I |
17:00 |
17:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
INFANTIL II |
17:45 |
18:30 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NEN@S I |
17:45 |
18:30 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NEN@S 0 |
18:30 |
19:15 |
LUNS / MÉRCORES |
|
INFANTIL 0 |
18:30 |
19:15 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NEN@S II |
19:15 |
20:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NEN@S O |
17:00 |
17:45 |
MARTES / XOVES |
|
NEN@ I |
17:00 |
17:45 |
MARTES / XOVES |
|
INFANTIL I |
17:45 |
18:30 |
MARTES / XOVES |
|
NEN@S I |
17:45 |
18:30 |
MARTES / XOVES |
|
INFANTIL 0 |
18:30 |
19:15 |
MARTES / XOVES |
|
INFANTIL I |
18:30 |
19:15 |
MARTES / XOVES |
|
NEN@S II |
19:15 |
20:00 |
MARTES / XOVES |
|
BEBES I |
17:00 |
17:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
BEBES I |
19:15 |
20:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
BEBES 0 |
19:15 |
20:00 |
MARTES / XOVES |
|
ADULT@S INICIACIÓN |
8:00 |
8:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULT@S PERFECCIONAMENTO |
9:15 |
10:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULT@S INICIACIÓN |
20:30 |
21:15 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULT@S PERFECCIONAMENTO |
21:15 |
22:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULT@S PERFECCIONAMENTO |
8:00 |
8:45 |
MARTES / XOVES |
|
ADULT@S INICIACIÓN |
9:15 |
10:00 |
MARTES / XOVES |
|
ADULT@S PERFECCIONAMENTO |
20:30 |
21:15 |
MARTES / XOVES |
|
ADULT@S INICIACIÓN |
21:15 |
22:00 |
MARTES / XOVES |
|
XIMNASIA ACUATICA |
10:00 |
10:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
XIMNASIA ACUATICA |
10:00 |
10:45 |
MARTES / XOVES |
• Bebés: ata os 3 anos
- Bebés 0: ata os 18 meses
- Bebés I: ata os 36 meses
• Infantil: de 3 a 6 anos
- Infantil 0: nivel 0 do test
- Infantil I: nivel I do test
- Infantil II: nivel II do test
• Nenos/as: de 6 a 13 anos
- Nenos/as 0: nivel 0 do test
- Nenos/as I: nivel I do test
- Nenos/as II: nivel II do test
• Adultos/as: a partir de 13 anos
- Adultos iniciación
- Adultos perfeccionamento
Cada un dos cursos ten unha carga horaria de 2 clases á semana de 45’ cada unha.
As persoas interesadas en matricularse nos cursos de natación poderano facer a partir das seguintes datas:
• Socios/as da piscina: a partir do 14 de setembro
• Non socios/as da piscina: a partir do 17 de setembro
PROBA DE NIVEL:
Os días 1, 2, 3, 4, 7 e 8 de setembro, de 9:00 a 11:00 e de 16:00 a 18:00 h, e a partir do 9 de setembro de 16:00 a 18:00 h, levaranse a cabo as probas de nivel co fin de que as persoas interesadas se matriculen no curso correspondente co seu nivel de natación.
É recomendable que as persoas interesadas en matricularse nalgún curso de natación realicen con anterioridade a proba de nivel. Esta proba está dirixida só as categorías de “infantil” e “nenos e nenas”. O alumnado que utilice manguitos non require proba de nivel xa que se inscribe directamente ao nivel 0 do seu grupo de idade.
TARIFAS DOS CURSOS DE NATACIÓN:
|
TIPO DE CURSO |
TARIFA TRIMESTRAL |
|
|
ABONADO/A |
NON ABONADO/A |
|
|
BEBÉS |
46 € |
93 € |
|
INFANTIL |
36 € |
72 € |
|
NENOS/AS |
34 € |
68 € |
|
ADULTOS INICIACIÓN |
46 € |
93 € |
|
ADULTOS PERFECCIONAMENTO |
46 € |
93 € |
|
TIPO DE CURSO |
TARIFA MENSUAL |
|
|
ABONADO/A |
NON ABONADO/A |
|
|
XIMNASIA ACUÁTICA |
16 |
33 |
As persoas interesadas en recibir máis información sobre os cursos ofertadas na piscina municipal poden dirixirse ao propio centro ou facer a súa consulta a través do teléfono 982 202 965 ou do correo electrónico apinguela@ideasdebolina.com.
CALENDARIO LECTIVO ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2026-2027
DÍPTICO ESCOLAS DEPORTIVAS 2026-2027
CURSOS PISCINA MUNICIPAL 2026-2027
INSTRUCIÓNS PARA INSCRICIÓN E DESENVOLVEMENTO ESCOLAS DEPORTIVAS 2026-2027
MODELO RENUNCIA ESCOLAS DEPORTIVAS 2026-2027
FORMULARIO INSCRICIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS 26-27
SOLICITUDE BONIFICACIÓN FAMILIA NUMEROSA ESCOLAS DEPORTIVAS 2026-2027