Noticias:
-
O Alcalde informa da adxudicación das obras de renovación dos paseos do parque Doutor López Suárez, por importe de 60.000€
Monforte de Lemos, 25 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da adxudicación das obras de mellora do Parque Doctor López Suárez, situado na rúa do mesmo nome, no entorno do Cuartel da Garda Civil. Así o acordou a Xunta de Goberno Local na sesión deste luns, 23 de... -
O Alcalde informa da apertura do prazo para solicitar as axudas para sufragar o gasto enerxético nos fogares de persoas vulnerables
Monforte de Lemos, 23 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da apertura do prazo para solicitar as axudas destinadas a sufragar os gastos da factura enerxética nos fogares máis vulnerables do municipio. As bases da convocatoria aprobáronse o pasado luns 16 de febreiro... -
O Concello de Monforte vai renovar todo o saneamento do Polígono Industrial do Reboredo
Monforte de Lemos, 21 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de negociar coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) unha modificación do convenio de colaboración asinado en 2023 para a construción dunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) no Polígono... -
O Alcalde asiste á representación teatral de “Memorias dun neno labrego”, que encheu de público o Multiusos
Monforte de Lemos, 20 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu este xoves a representación da obra de teatro “Memorias dun neno labrego”, que encheu a sala de butacas do Edificio Multiusos. O espectáculo, organizado polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede... -
O Alcalde participa na Asamblea Xeral do Eixo Atlántico, en A Coruña, e pon en valor a implicación de Monforte neste espazo común
Monforte de Lemos, 19 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou hoxe na XXXIV Asamblea Xeral ordinaria do Eixo Atlántico, celebrada na Casa do Concello da Coruña, e que reuniu ás 41 entidades integradas nesta asociación de municipios de Galicia e do Norte de Portugal,... -
A Aula da UNED de Monforte estrea o Programa Sénior cun curso sobre patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra
Monforte de Lemos, 19 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da posta en marcha, por primeira vez na Aula UNED de Monforte de Lemos, do Programa Sénior, unha iniciativa dirixida a persoas maiores de 55 anos interesadas en enriquecer os seus coñecementos,... -
O Enterro da Sardiña despediu con bágoas e coplas o Entroido de Monforte, un dos máis participativos dos últimos anos
Monforte de Lemos, 19 de febreiro de 2026. O tradicional Enterro da Sardiña puxo na tarde noite deste Mércores de Cinza o peche ao Entroido 2026 en Monforte. A procesión estivo encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, acompañado da Tenente Alcalde, Gloria Prada, os Concelleiros e Concelleiras de... -
O Alcalde e o presidente do Club de Golf Río Cabe presentan o I Campeonato de Europa IPPA de Pitch&Putt individual, que reunirá arredor de 160 xogadores internacionais en Monforte
Monforte de Lemos, 18 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf Río Cabe de Monforte, José Ángel Pérez Reñones, e o xerente do mesmo, Alberto Pérez Galán, presentaron este mércores na Sala de Xuntas do Concello o I Campeonato de Europa IPPA de... -
A Torre da Homenaxe iluminarase de verde mañá xoves 19, Día Mundial do Colangiocarcinoma
Monforte de Lemos, 18 de febreiro de 2026. O Concello de Monforte de Lemos súmase á conmemoración do Día Mundial do Colangiocarcinoma, este xoves 19 de febreiro. Como xesto simbólico, e coa finalidade de sensibilizar á poboación acerca deste tipo de cancro, a Torre da Homenaxe iluminarase coa cor... -
O Alcalde celebra o “rotundo éxito de animación e creatividade” dun Martes de Entroido con rúas ateigadas e máis de 1.300 participantes no desfile de comparsas e disfraces
Monforte de Lemos, 17 de febreiro de 2026. “Un éxito rotundo de participación, animación e creatividade”. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, amosa a súa satisfacción pola celebración dun Martes de Entroido “espectacular”, con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »






