|
Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2025. O Apalpador visitará mañá mércores, 24 de Nadal, as rúas de Monforte para desexarlle unhas Felices Festas aos nenos e nenas da cidade. O mítico personaxe do Nadal galego, acompañado dun músico amigo seu, deixarase ver a partir das 11.30 horas, co seu abrigo cheo de remendos. |