Noticias:
-
O Apalpador visitará Monforte mañá mércores 24 de Nadal, enchendo de ilusión as rúas da cidade
Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2025. O Apalpador visitará mañá mércores, 24 de Nadal, as rúas de Monforte para desexarlle unhas Felices Festas aos nenos e nenas da cidade. O mítico personaxe do Nadal galego, acompañado dun músico amigo seu, deixarase ver a partir das 11.30 horas, co seu... -
O Alcalde anuncia que a rúa Cardeal será escenario de dous concertos de grupos monfortinos durante as Festas de Nadal
Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anima a todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan nestes días de celebracións navideñas, a asistir aos Concertos de Nadal programados polo Concello para dinamizar as rúas durante estas... -
O Concello reparte entre os usuarios dos Servizos Sociais 50 cestas solidarias de Nadal doadas por Ucoga
Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2025. A Tenente de Alcalde e Concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, recolleu este martes nas novas oficinas da correduría de seguros Ucoga en Monforte de Lemos 50 cestas solidarias de Nadal doadas pola compañía ligada á Cooperativa Lemos para colaborar... -
O Alcalde acompañou a máis de 350 participantes do Programa Activa na Chocolatada de Nadal organizada polo Concello para celebrar as Festas
Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou na tarde de hoxe na Chocolatada de Nadal que organizou o Equipo de Goberno dentro das actividades do Programa Activa. O encontro tivo lugar no Espazo Gastronómico da Praza de Abastos a partir das 18.00... -
O horario do servizo de recollida de lixo adiántase os días de Noiteboa e de Fin de Ano en Monforte
Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2025. O Concello de Monforte informa de que os días de Noiteboa e de Fin de Ano haberá cambios no servizo de recollida do lixo co obxectivo de permitirlles aos traballadores pasar estas noites na compañía das súas familias. Os días 23 e 30 de decembro, os cubos... -
O Alcalde anuncia a validación da xustificación das axudas a entidades deportivas por un importe total de 62.000€
Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia a validación da xustificación das axudas concedidas a 14 asociacións deportivas monfortinas para cubrir gastos da súa actividade no ano 2025. A Xunta de Goberno Local celebrada na mañá deste luns deu luz verde... -
O grupo de teatro monfortino Viraventos encheu a Casa da Cultura co seu espectáculo, “O boleto”
Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2025. A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte encheuse onte sábado coa representación da obra “O boleto”, a última montaxe do grupo de teatro afeccionado monfortino Viraventos. A cita foi ás 20.00 horas na Casa de Cultura, e acudiron o Concelleiro de Medio... -
O Alcalde visita o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Monforte e anima a mercar no comercio de local
Monforte de Lemos, 20 de decembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, visitou esta mañá na Praza de Abastos o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Monforte, e animou aos veciños e veciñas da cidade a mercar os seus agasallos para estas festas e outros produtos gastronómicos no... -
Alumnado e profesorado do Conservatorio ‘Mestre Ibáñez’ do Concello de Monforte ofreceron o seu tradicional “Concerto de Nadal”
Monforte de Lemos, 20 de decembro de 2025. O alumnado e profesorado do Conservatorio ‘Mestre Ibáñez’ do Concello de Monforte ofreceron este venres, a partir das 20.00 horas, o seu tradicional “Concerto de Nadal”. A actuación tivo lugar no Edificio Multiusos e contou coa asistencia dos Concelleiros... -
Todo listo na Praza de Abastos para celebrar esta fin de semana o Mercado de Nadal, con 16 postos de venda e actividades para toda a familia
Monforte de Lemos, 19 de decembro de 2025. A Praza de Abastos de Monforte está xa preparada para acoller esta fin de semana unha nova edición do Mercado de Nadal, unha actividade impulsada polo Concello que busca dinamizar o comercio de proximidade, fomentar as compras no comercio local e as...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »



