Noticias:
-
O Centro Cívico acolle un curso de Defensa Persoal Feminina dentro do programa conmemorativo do 25-N que organiza o Concello de Monforte
Monforte de Lemos, 19 de novembro de 2025. O Centro Cívico Social acolle un Curso de Defensa Persoal Feminina organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Muller e Igualdade e do Centro de Información á Muller, CIM, dentro das actividades conmemorativas do 25-N, Día Internacional... -
O Alcalde anuncia a instalación dun dispositivo luminoso no teléfono da parada de taxis da Avenida de Galicia para minimizar o ruído das chamadas en horario nocturno
Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia ven de instalar un dispositivo luminoso no teléfono da parada de taxis da avenida de Galicia para minimizar o ruído das chamadas que se realizan en horario nocturno e evitar, deste xeito, as molestias que... -
A DGT estrea no Multiusos a aula informatizada cedida polo Concello de Monforte para a realización dos exames teóricos de conducir
Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2025. A aula informatizada cedida polo Concello de Monforte de Lemos á Dirección Provincial de Tráfico para a realización das probas teóricas para a obtención dos permisos de conducir acolleu este luns as primeiras sesións do exame en formato telemático... -
O Alcalde presenta uns Orzamentos para 2026 que superan os 18M€ e poñen o foco nas persoas: “Máis gasto en servizos sociais e conxelación de taxas e impostos”
Monforte de Lemos, 17 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, compareceu hoxe na Sala de Xuntas do Concello ante os medios de comunicación para dar conta do proxecto dos Orzamentos Municipais para 2026, “os máis sociais da historia de Monforte”, que superan os 18M€ e... -
O Alcalde informa do inicio das obras de ampliación da rúa Roberto Martínez Andrade, que terá saída á rúa Santiago
Monforte de Lemos, 15 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do inicio das obras de prolongación da rúa Roberto Martínez Andrade, que terá saída á rúa Santiago. Os traballos, adxudicados á empresa Extraco por un importe de 132.190 euros, comezaron esta semana co valado... -
O Equipo de Goberno anima a toda a cidadanía a sumarse ás actividades programadas polo Concello de Monforte para conmemorar o 25-N
Monforte de Lemos, 14 de novembro de 2025. A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, presentaron este venres a campaña de sensibilización “En negro contra as violencias” organizada polo Concello de Monforte arredor do 25 de Novembro,... -
O Alcalde de Monforte participou na Comisión Executiva do Eixo Atlántico na que foi elixido novo presidente Miguel Fernández, Alcalde de Lugo
Monforte de Lemos, 13 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou hoxe na Comisión Executiva do Eixo Atlántico, celebrada no salón de plenos do Concello de Lugo e na que se renovaron os cargos de presidente e vicepresidente. O alcalde lucense, Miguel Fernández, foi... -
O Alcalde celebra a inversión de 3,5 millóns de euros na reforma integral do Parador anunciada hoxe en Monforte pola Presidenta de Paradores, Raquel Sánchez
Monforte de Lemos, 12 de novembro de 2025. O Alcalde, José Tomé Roca, celebra a inversión de 3,5 millóns de euros na reforma integral do Parador de Monforte de Lemos anunciada no día de hoxe pola Presidenta de Paradores de Turismo, Raquel Sánchez, nunha visita ao establecemento hostaleiro situado... -
A campaña para mellorar a xestión dos residuos orgánicos en Monforte chega aos centros educativos
Monforte de Lemos, 11de novembro de 2025. A campaña informativa “RecicLemos de xeito sostible”, impulsada polo Concello de Monforte de Lemos para a mellora da xestión dos residuos orgánicos e da compostaxe no noso municipio, comezou hoxe o seu percorrido polos centros educativos. O CEIP A Gándara... -
O Concello anima a toda a cidadanía a visitar o roadshow do INCIBE na Explanada da Compañía para reforzar a ciberseguridade e a protección dixital
Monforte de Lemos, 11 de novembro de 2025. O roadshow do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), abriu este martes as súas portas na Explanada da Compañía de Monforte de Lemos para capacitar en materia de seguridade a toda a cidadanía, desde familias e menores, ata o público...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- seguinte ›
- última »


